Por Galicia Confidencial | Cedeira | 24/08/2018 | Actualizada ás 20:00
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente de ACS e do Real Madrid, Florentino Pérez, quedaron este xoves na localidade coruñesa de Cedeira para comer nun coñecido restaurante especializado en marisco.
Non é a primeira vez que Rajoy e Florentino quedan a comer. A cita tamén acudiu Feijóo e o director de 'ABC', Bieito Rubido, cuxo irmán foi alcalde de Cedeira desde os últimos tempos do franquismo até 2013.
Segundo apunta El Confidencial, a comida lembra á que se produciu en 2015 no mesmo restaurante cos mesmos comensais e que sería organizada todos os anos polo propio Rubido. A comida prolongouse por máis de catro horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.