Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2018 | Actualizada ás 13:00
Segundo lembra o Bloque nun comunicado, esta proposta xa fora defendida con anterioridade polo BNG, cando explicaba que a Comunidade é "un dos países do mundo con maior desfasamento entre a hora oficial e a denominada hora solar".
"Galicia, xeograficamente, está no fuso GMT-1, pero a hora oficial é o GMT+1, e no verán as zonas máis occidentais de Galicia chegan a ter unha diferenza de dúas horas e media respecto da hora solar", manifestan os nacionalistas.
Por iso, Miranda considera que o axuste da Comunidade ao fuso das Illas Canarias ou Portugal tería "innegables beneficios para a saúde e laborais", pois o actual "non responde a ningún tipo de aforro enerxético nin de calidade de vida".
Ademais, tal e como proseguiu a deputada nacionaloista, a adopción de Galicia e do conxunto de España ao GMT+1 foi unha decisión política "dos primeiros anos do franquismo, nos que o ditador quería homologar o horario oficial ao da Alemaña nazi".
A europarlamentaria levará esta cuestión á Unión Europea despois de que o presidente da Comisión, Jean-Claude Junker, anunciase este venres que proporá eliminar o cambio de hora que se produce cada seis meses, alegando que o reclaman máis do 80 por cento dos 4,6 millóns de cidadáns que votaron nunha consulta pública iniciada o pasado mes de febreiro.
Este mesmo venres, tamén En Marea anunciou que presentará iniciativas no Congreso para preguntar ao Goberno español se tamén eliminará o cambio de hora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.