Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2018 | Actualizada ás 10:21
O número de afiliados á Seguridade Social diminuíu en agosto en Galicia un 0,11% con respecto ao mes anterior, o que supón 1.158 cotizantes menos, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo. Así, no oitavo mes do ano, Galicia rexistrou 1.020.388 afiliados á Seguridade Social. A cifra supón un 2,15% máis que hai un ano --21.497 persoas máis--.
A nivel nacional, a Seguridade Social perdeu en agosto unha media de 202.996 afiliados (-1,07%) respecto ao mes anterior, o que situou o número de ocupados en 18.839.814 cotizantes. O descenso da afiliación en agosto nunha constante en toda a serie histórica, coincidindo co fin da temporada estival. De feito, desde 2014 (-0,58%) esta caída viuse acentuada de mantera paulatina en 2015 (-0,78%), 2016 (-0,81%) e en 2017 (-0,97%) debido á desaceleración económica e ao menor crecemento do sector turístico. En termos interanuais o Sistema suma de media de 529.970 afiliados máis, o 2,89%, polo que se mantén o ritmo de creación de emprego.
DESEMPREGO
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia subiu en agosto en 1.012 persoas, un 0,62%, con respecto ao mes anterior, até os 164.424 desempregados. En relación a hai un ano, a comunidade galega conta con 16.701 parados menos, o que supón un descenso do 9,22%.
Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, a nivel nacional o paro creceu en 47.047 persoas en relación co mes anterior, co que acaba cunha sucesión de seis meses consecutivos á baixa.
Desta forma, a cifra total de parados rexistrados en España sitúase en 3.182.068 persoas. Este incremento do paro en agosto é superior ao rexistrado o ano pasado ese mes (46.400 persoas).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.