Feijóo non atende as demandas de axentes forestais para que medie na folga

Axentes forestais tentaron sen éxito este mércores falar co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen participou na Cidade da Cultura no acto de presentación do Plan Básico Autonómico, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2018 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Finalmente, o xefe do Executivo abandonou o Gaiás por unha saída distinta e sen atender a unha decena de representantes deste colectivo que esperaron na porta principal a que finalizase o acto baixo a vixilancia de varios axentes policiais e que, en declaracións aos medios, lamentaron despois a actitude do presidente.

Axentes forestais esperan a Feijóo á saída dun acto no Gaiás
Axentes forestais esperan a Feijóo á saída dun acto no Gaiás | Fonte: Europa Press

"Estamos en folga indefinida desde o 1 de agosto e desde o 6, sen reunións coa Administración. Só reivindicamos un acordo laboral digno porque o actual o asinamos en 2004 e está caduco desde 2007. Solicitamos que se nos chame a negociar e poder solucionar o conflito", defendeu José Manuel Couselo (CIG).

O representante sindical asegurou "descoñecer" por que a Xunta non senta a negociar e explicou que acudiron a este acto de Feijóo para tratar de que "mediase e intercedese" co fin de lograr "un acordo coa administración". "Queriamos facer visibles nosas reivindicacións, pero con vontade respectuosa. Só que intercedese para que nos chamen a negociar", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Un consello: deixade de lamber e empezade a morder na man que vos da de comer. Así é como poden empezar a mudar as cousas. Nen un só axente nos próximos lumes..!