Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2018 | Actualizada ás 15:11
Desde a CIG manteñen que o sindicato "non pode por menos de expresar o seu asombro e indignación pola autopromoción de “Land Rover”", debido a que o seu presentador, Roberto Vilar, anuncia a volta do programa á pantalla da TVG o próximo xoves e "en clave humorística, tenta convencer á audiencia de “ser mellor ver ‘Land Rober’ que pegar a unha vella”".
A central sindica considera que "a través do humor, por tanto, presupón que se pode bater nas vellas, desvirtuando e minimizando a gravidade das actitudes de violencia machista". "Con semellante comparación" din desde o sindicato "o mesmo programa situase nun nível tan ínfimo, que o fai impropio dunha canle pública como a CRTVG". Así a CIG considera que a "actividade debe inspirar-se nos principios do respecto á dignidade humana, a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia, entre outros".
En consecuencia, "a CIG esixe que a CRTVG, actúe coa maior contundencia e ordene a inmediata retirada da emisión desa despreciábel autopromoción" ademais de "depurar as responsabilidades que correspondan".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.