Dous dos grandes parques naturais de Galicia están ardendo

No Parque Natural do Xurés son máis de 20 hectáreas as afetadas, mentres que no Invernadoiro, que xa sufriu tres lumes en menos dun mes, son máis de 32 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/09/2018 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Dous dos grandes parques naturais de Galicia están ardendo. Trátase do parque natural do Xurés e o do Invernadoiro. O primeiro sofre un lume desde o domingo, mentres que o segundo leva xa tres días ardendo.

O incerdio no Xurés corta unha estrada
O incerdio no Xurés corta unha estrada | Fonte: Axentes MM CCOO

A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal de Lobios e que afecta a terreos do Parque Natural do Xurés. O lume iniciouse pouco antes das 19,00 horas do domingo na parroquia de Manín, en Lobios, e, segundo as últimas estimacións, afectou a unhas 20 hectáreas de terreo.

Nas seus labores de estabilización traballaron tres axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións.

O INVERNADOIRO

Por outra banda, o incendio iniciado este venres no municipio ourensán de Vilariño de Conso, no parque natural do Invernadoiro, continúa activo aínda que estabilizado, tras afectar máis de 32 hectáreas de terreo.

O lume forestal comezou o venres ás 16,42 horas, na parroquia de San Mamede de Hedrada, segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural. Nos labores de extinción desde o inicio do lume participaron dous técnicos, 22 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, unha pa, 5 helicópteros e oito avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta