Primeira gran protesta contra os recortes en educación este curso: a Escola Superior de Arte Dramática rebélase contra a Xunta
Primeira das tres xornadas de folga na ESAD para esixir a restitución dos seis postos de traballo perdidos e denunciar o "comportamento hostil" do inspector. Estudantes e persoal do centro participan nunha concentración fronte a delegación da Xunta en Vigo.