Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2018 | Actualizada ás 19:19
Segundo informan os medios locais, o sinistro tivo lugar na ruta Calama Sierra Gorda cando o vehículo, no que viaxaban dous homes e dúas mulleres deste municipio ourensán, chocou contra un camión.
O alcalde da Rúa, Luís Fernández, informou que os ocupantes do vehículo eran dúas parellas do municipio ourensán. Unha das vítimas tiña 24 anos e acábase de casar cun dos feridos graves. A outra muller, de 32 anos, é a cuñada da outra falecida e irmá do ferido.
O rexedor tamén explicou que varios familiares se trasladaron a Chile para seguir cos trámites para repatriar os cadáveres, que xa iniciaron en contacto co Consulado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.