A deputada de En Marea Alexandra Fernández censura a Errejón pola súa postura sobre a Constitución

Censura o candidato de Podemos á Presidencia da Comunidade de Madrid e deputado no grupo confederal polas súas declaracións sobre o pacto constitucional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2018 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, censurou o candidato de Podemos á Presidencia da Comunidade de Madrid e deputado no grupo confederal (no que está incluída a propia parlamentaria galega), Íñigo Errejón. Así, reprochoulle as súas declaracións sobre o pacto constitucional.

A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández
A deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández

Errejón, nunha entrevista en Telemadrid, desculpouse coas persoas das xeracións anteriores que se sentiron "ofendidas" coas mensaxes de "borrón e conta nova" sobre o pacto constitucional de 1978 que puidesen interpretar do seu partido. Neste sentido, dixo que a verdadeira proposta do seu partido era "actualizalo a 2018, non facer revisión histórica".

Este martes, na súa conta persoal de Twitter, a deputada de En Marea reprobou este pronunciamiento e lembrou que a formación morada, así como os principios nos que se asintan as candidaturas de confluencia, fano na "quebra democrática" como impulsou o propio Xosé Manuel Beiras (Anova) como un dos referentes das candidaturas de unidade.

"Ao parecer estaba de broma cando falaba de quebra democrática. Aliñarse co discurso das elites da Transición: iso si que merecía unha desculpa, tanto co 15M como cos pobos que loitan por romper os cadeados do Réxime do 78. Van camiño de converterse no seu freo", escribiu na súa conta persoal desta rede social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 manuel xosé lorenzo penela

Ten razón Alexandra. A constitución actual, que foi imposta coa amenaza da continuidade dun réxime dictatorial, xa non vale. O que precisamos é unha nova constitución, con república e dereito de audoterminación.

3 xacobe

Grupo Pralamentar!!

1 comunista independentista

Grupo Pralamentar é o que ten o Bloque no Congreso... XDDDDDDD

2 MareaJusapoli

Grupo Pralamentar é o que ten LaMarea no Congreso... XDDDDDDD

3 comunista independentista

Pero o ten. Marea 5, Bloque 0. XDDDDDD

4 cazarraposas

Mintireiro Consumista Dependentista, non existe o Grupo En Marea, de fonte oficial: "Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea: 67 miembros el día 20/09/2018" http://www.congreso.es/portal/page/... En Marea é de Podemos! E ao BNG que lle den, desapareceu por méritos propios!

2 mlón

Prietas las filas ou vos botan

1 Eu estudo na privada

Por que Alexandra oculta no seu curriculum que estuda nunha universidade privada? Alguén ten unha explicación?