Temas: BOI GASTRONOMíA

Carne de boi para darlle a benvida ao outono

A vila de Allariz organiza un ano máis as Xornadas de Carne de Boi con 23 establecementos hostaleiros que ofrecen este manxar en menús especiais do 28 de setembro ao 14 de outubro. Dezanove deles participarán no concurso de tapas.

Por X.M. Fernández | Allariz | 20/09/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Nas VII Xornadas de Carne de Boi de Allariz participan un total de 23 establecementos hostaleiros ofrecendo menús especiais con carne de boi autóctono como ingrediente estrela entre o 28 de setembro e o 14 de outubro. Dezanove deles participan así mesmo no concurso de tapas de boi de Allariz que se organiza para a ocasión.

Presentación das Xornadas de Carne de Boi. Fonte: Concello de Allariz
Presentación das Xornadas de Carne de Boi. Fonte: Concello de Allariz

Serán dúas semanas nas que os restaurantes e taperías da localidade centrarán a súa actividade nos fogóns para elaborar os mellores pratos con este manxar. Dende menús a tapas, en forma de tartar, carpaccio, chuletón, hamburguesa ou churrasco, entre moitos outros, serviranse en Allariz a prezos que van desde os 2 euros, no caso das tapas, ata os 70 euros por quilo se se desexa agasallar ao padal cunha boa peza desta prezada carne.

A programación inclúe tamén cociña ao vivo e degustacións de pratos elaborados con carne de boi de Allariz no Mercado da Reserva da Biosfera, os sábados.

As xornadas están enmarcadas no proxecto “Allariz Sabe”, unha iniciativa que busca situar a vila do Arnoia como lugar de referencia gastronómico e turístico.

Carne de boi. Fonte: Concello de Allariz
Carne de boi. Fonte: Concello de Allariz
Temas: BOI GASTRONOMíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta