Caballero pide unha comisión técnica para estudar as vías de abastecemento de auga para Vigo

Abel Caballero apungou que mentres tanto, se podía construir o transvasamento provisional desde o río Verdugo.

Por E.P. | VIGO | 21/09/2018 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

En declaracións aos medios este venres, Caballero apuntou que 'a priori' o que pide é unha nova presa, porque permitiría almacenar a auga nos meses de moita choiva; no entanto, mantivo que non se nega "a nada", "tampouco a un transvasamento desde o Miño". "Agora, se fan ese transvasamento teñen que dicir quen vai pagar o bombeo, que ten un custo moi elevado", sinalou.

Abel Caballero en rolda de prensa
Abel Caballero en rolda de prensa

Ademais, tamén en relación co transvasamento desde o Miño, indicou que desde o punto no que se quere construír, a auga "chega despois dunha ducia de depuradoras", polo que "non é de calidade e require unha depuración especial". Ante todas estas cuestións, reclamou a constitución dunha comisión técnica "que analice as diferentes posibilidades e decida".

En todo caso, remarcou que todos estes trámites "van tardar anos", polo que incidiu en que namentres "é imprescindible o transvasamento provisional, que non é ningún atentado contra medio ambiente". "Na defensa do medio ambiente ninguén lle gaña ao alcalde de Vigo, pero necesitamos un transvasamento respectuoso, que se vai a desmontar cando haxa un definitivo", selou.

"Vexo a Feijóo moi empeñado en que haxa unha crise de auga en Vigo, porque confía todo a que chova", lamentou, entre críticas ao presidente da Xunta e tamén ao director xeral de Augas de Galicia, ao que lembrou que o transvasamento provisional "é vital" para a cidade olívica porque "non hai nada que garanta que non --se-- quede sen auga se hai un outono seco".

Así as cousas, reprochoulle que animase ao Goberno de Vigo a ser o que "busque o consenso". "É competencia da Xunta; o transvasamento non é un agasallo que lle fai a Vigo, é a súa obriga. A auga ten que ser aprovisionada polos responsables das concas: Feijóo", remarcou, pedindo que senón cédalle a Vigo as competencias das concas e os recursos financeiros e el encárgase "de resolver o problema".

TARIFA DA AUGA

En canto á proposta do director de Augas de Galicia de que Vigo revise a estrutura tarifaria do ciclo da auga, Caballero cuestionou "por que non o fixo o PP cando gobernaba", posto que "a tarifa está desde a concesión, e diso fai un cuarto de século". "Están a facer abandono da súa obriga, é máis, gustaríalles que quedásemos sen auga".

A todo iso agregou que a auga "é baratísima en Vigo", e sostivo que "o que a Xunta expón non é que cobre menos, senón máis e así consomen menos". "Non, eu quero unha auga moi barata xestionada de forma eficiente".

CRÍTICAS

Noutra orde de asuntos, Caballero volveu a aludir a Alberto Núñez Feijóo para criticar que na televisión "falou contra Vigo e contra as luces de Nadal". "Que alguén estea continuamente falando en contra dunha cidade, e máis se é o presidente da comunidade, non é de recibo", incidiu, chamándolle a explicar "por que fala nos medios sempre contra Vigo".

A continuación, tamén censurou que o PP e En Marea pedisen no Congreso "340 millóns de euros para o Porto da Coruña". "Non lles oín pedilo para Vigo, debe ser que consideran que A Coruña ten dereito e non consideran a importancia de Vigo e o seu porto. Pois que falen aquí en Vigo de por que piden ese diñeiro e nin un só euro para a cidade e o porto", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Auga barata... 7 metros cúbicos 37 € ! Pero nin Xunta nin Concello son capaces de publicar os índices de depuración real da megadepuradora EDAR do Lagares !!! https://flic.kr/p/QpAGAj