Universidade da Coruña e Fragas do Mandeo colaboran para frear a perda de biodiversidade polo cambio climático

O proxecto está subvencionado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/09/2018 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña vén de acadar unha axuda con apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para a realización dun proxecto en materia de adaptación ao cambio climático.

Fragas do Mandeo
Fragas do Mandeo | Fonte: Íñigo Mouzo.

O proxecto C4PM, no que participan investigadores das áreas de Zooloxía, Xenética, Socioloxía, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, pretende poñer a punto un modelo de predición das consecuencias do cambio climático sobre a conectividade de poboacións ameazadas en zonas de especial conservación da Rede Natura 2000.

A ferramenta vaise ensaiar despois en colaboración coa entidade de custodia do territorio Fragas do Mandeo, para orientar as accións que emprenda esta fundación con obxecto de poñer freo á perda da biodiversidade ocasionada pola fragmentación das poboacións naturais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta