Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2018 | Actualizada ás 20:48
Unha persoa perdeu a vida na tarde deste luns na Rúa (Ourense) ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade. Sucedeu na praza de Fontei, uns minutos despois das 16,00 horas.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular e pediu a intervención do 061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmarse o falecemento da persoa.
Tamén, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil. Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.