En Marea ou a crónica dunha morte anunciada

Que vai pasar na segunda formación do Parlamento galego logo da esperpéntica asemblea vivida esta fin de semana?. Esta é a crónica dunha deriva política que, de non atopar solución, rematará como a novela do gran Gabriel García Márquez, especialmente, entre dous sectores do nacionalismo galego que conviven neste espazo. E se chega esa morte anunciada do nacionalismo, quedará ese espazo libre para outros actores como Podemos ou EU?

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/10/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

En 2012 o BNG rachaba á metade. Milleiros de persoas acudían a histórica asemblea de Amio, en Santiago de Compostela, que resultou a máis bronca da historia recente desta formación. Moitos dos que estaban entón no BNG, están hoxe en En Marea e volven reproducir seis anos despois os mesmos erros que case que afundiron ao BNG electoralmente. 

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega,e o portavoz de En Marea, Luís Villares. Europa Press - Archivo

E por que lembrar Amio?. Porque Amio estivo na boca dos moitos dos asistentes a asemblea, tamén histórica e tamén en Santiago, que En Marea celebrou esta fin de semana. Unha asemblea na que os críticos enmendaron de plana as políticas da actual dirección de Luís Villares e na que tamén se reproduciron comportamentos inauditos e case esperpénticos como os vividos hai case sete anos. 

En Marea sae desta asemblea moi tocada. Tan tocada que será difícil endeireitar o seu rumbo. Xa non se trata de alianzas ou consensos entre os sectores enfrontados, senón de conseguir dominar o partido, a marca. Esa é a nova guerra entre os críticos, que agora son os oficiais, e os oficias que agora pasan a ser os críticos.

GUERRA NACIONALISTA

Porque neste crebacabezas é difĺicil saber quen está con quen. As loitas en En Marea son, principalmente, entre o sector nacionalista. Ese sector que, dun ou doutro xeito, formou parte do BNG, e mesmo da UPG,  e que logo tamén marchou e fendeu esta formación. Antes aliados, en Amio, e agora inimigos.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea | Fonte: E.P.

A metade de Anova, na que está a FPG, apoiada por sectores podemitas e de Esquerda Unida, e as mareas das principais cidades, contra a outra metade de Anova, Cerna e independentes afíns a Luís Villares, e outras candidaturas locais. Unha guerra fraticida entre dous clans que, de estourar, abrirá unha fenda e unha ferida que xa, nunca mais, será pechada polo nacionalismo.

E, quizais, aí estea a chave para entender certas estratexias dos principais actores de En Marea. Quen cubrirá ese vacío cando os sectores nacionalistas de En Marea se teñan consumido entre eles?. Por que na histórica asemblea do sábado non estaban outros líderes que, supostamente, apoian o proxecto de En Marea pero que non son nacionalistas?. Por que non acudiu Antón Gómez-Reino, novo dirixente de Podemos Galicia, ou os dirixentes de Esquerda Unida, ou os alcaldes da Coruña e de Ferrol?.

O sector crítico impuxo as súas teses e agora haberá que agardar a decembro para saber quen lidera En Marea. Pero no aire quedan moitas dúbidas, entre elas, dúas fundamentais para entender o que acontece dentro desta formación; o modelo de primarias e o papel de En Marea noutras institucións non galegas como o Congreso, o Senado ou o Parlamento Europeo.

AS NOVAS DIVISIÓNS

Por que houbo consenso en todo entre os críticos e non no modelo de Primarias?. Compostela Aberta era partidarios de listas abertas e candidaturas individuas, fronte ao modelo de listas pechadas de Luís Villares que foi, curiosamente, o que ao final saíu adiante. Unha derrota do sector nacionalista de Martiño Noriega que propiciaron outros sectores que o apoiaron na asemblea, nomeadamente, Podemos e EU. E, por que?. Terá que ver con que estas formacións queren impoñer listas, candidatos ou mesmo líderes nunha negociación que se antolla difícil de cara as vindeiras europeas, ás municipais ou mesmo xa de cara a un anticipo electoral en Madrid?.

E, o segundo punto que pode abrir fendas nese sector crítico. Que modelo de coalición é o que quere En Marea no futuro; o de Compromís, como pide o sector nacionalista, ou o actual que, na práctica, supón ser “unha sucursal de Unidos Podemos en Madrid”?. De feito,  iso foi o que durante a asemblea da fin de semana dixo a deputada Alexadra Fernández ao denunciar públicamente que o grupo de En Marea no Congreso non ten autonomía propia. Un grupo que, ademais, non quixo dar conta do que fai en Madrid porque, oficialmente, “non depende de En Marea”.

E, DE FONDO, AS MUNICIPAIS

E, no futuro máis próximo, as municipais, na que hai unha nova fronte aberta; as candidaturas municipalistas que, por unha banda promove a direción de Luís Villares, vinculadas, precisamente a En Marea, e as candidaturas críticas que lideran Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común. 

Precisamente, esta fronte é a que se antolla máis perigosa para algúns dos principais actores involucrados de cheo na actual situación de En Marea, nomeadamente, Compostela Aberta. Cun candidato socialista consolidado xa en Santiago e apoiado polos medios, Martiño Noriega terá que evitar que estoupe unha revolución interna en En Marea que o salpique directamente a el a poucos meses das municipais. Unha revolución e división da que, a priori, quedarían a salvo os principais actores de Podemos e de EU. E é a aí onde acabaría... ou volvería a comezar... esta crónica dunha morte anunciada. 

Yolanda Díaz, Alexandra Fernández, Antón Gómez Reino e outros deputados. EN MAREA - Archivo
Yolanda Díaz, Alexandra Fernández, Antón Gómez Reino e outros deputados. EN MAREA - Archivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

15 Apaga e vámonos

Có tempo vaise aclarando todo. Alexandra e Luís Villares os únicos que realmente loitaron e traballaron pola terra. Os restantes tomes, bardos, quinteiros, pam´s, solla, alcaldes do change,comunistas depes, yolis... a pillar sitio e destrozar o pouco que queda de identidade galega. E de novela negra todo isto " a FPG anova apoiada por EU-podemos en contra da súa propia deputada e encontra dos intereses de Galicia". O que esta a suceder na Marea da para un estudio en profundidade sobre a mediocridade humana.

14 M. Monge

Alexandra, Villares e Paula Verao son tan de fiar como Ana Pontón, Miranda ou Mini. A obediencia galega está demostrada! Erraron ao sumarse a unha sucursal como son as Mareas de Podemos, como o BNG errou facendo tantas veces de marca branca do PsoEspañol. Ante o inverno adiantado e moi duro que se aveciña (véxase as trombas de auga que soportan os cataláns, os incendios desde Italia e arrasando Europa, os tornados de USA e Brasil), só hai un camiño para a supervivencia: UNIDADE dos galeg@s de nación! Logo alianza coa esquerda no Estado, en Europa e no mundo... Mais antes defensa unitaria do país nun proxecto común e picota aos trepas de partido. Non escoitemos aos apóstolos do suicidio colectivo nun novo monte Medulio! Os Mitos son para os fascistas!

1 Ommmm

Meter na mesma saca a Paula con Alexandra, Villares, Ana, Mini ou Miranda. Non te deixa en boa posición penso eu.

2 La pastillita loqui

Todos yerraron menus tu con tu amigo Louzán loquito

3 O que queda do BNG

Alexandra, Villares, Paula Verao, Lidia, Palleiro, A. Diz, López-Rico... levádeos a todos, por favor. O pack completo de "auténticos galegos de raza pura". Ningún problema en que o que queda do BNG se convirta no estercoleiro do espazo das Mareas.

13 outromais

Farto da esquerdalla incapaz de cosntruir unha alternativa para o pais, ler calquera artigo ou coementario ao respeito parece a vida de Brian, unha vergoña. Temos serios problemas con unha direita española que ataca as bases da imperfecta democracia que temos e a propria autonomia do pais, depois de ter acabado cos nosos poucos recursos financieiros, caixas e bancos, e deixar os nosos recursos enerxeticos nas mas de empresas de fora, e os que comentan o artigo, ao seu, que si a U ou a M. Alguen falando de estas parvadas pensa seriamente algun dia tirarlle o poder ao PP ?

12 comunista independentista

Alégrame moitísimo comprovar que o resultado do Plenario histórico do sábado escoza tanto entre os traumatizados por Amio, a prensa rexionalista (La Voz e outros...), os profetas do Viva Antes e os sectores conservadores do nacionalismo. A mocidade precaria venveu aos vellos. Hai marea e hai futuro. Sigan ladrando.

11 Coma carneiros

O que están a rir os do PPSOE de nós. Ide, ide tocando a zoca que xa Frijolito está conseguindo o que quería Galicia Bífida. O nacionalismo galego, para vergonza dos nosos Castelao e Bóveda, rifa por unhas putas farangullas, no canto de ires unidos. Non sei vós, pero eu, nacionalista de esquerdas, non teño problema con votar a un ou a outro sempre que teñan isa base. Que despois haberá distintos xeitos de pensar? c*na, pois claro! ou pensades que todo o PSOE é homoxéneo? Coido que non serei o único en pensar así: fai falla a unión e despois chamádelle como c*na queirades, pero deixade de pinta-lo parvo, carall*!!!