Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2018 | Actualizada ás 10:28
Dúas persoas resultaron feridas a última hora do martes no municipio ourensán de Toén tras precipitarse por un terraplén o vehículo no que viaxaban xunto con outros dous ocupantes, que resultaron ilesos.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 21,45 horas na estrada que enlaza a A-52 coa OU-402, á altura de Toén, onde o vehículo se saíu da calzada e caeu por un desnivel dun catro ou cinco metros. Finalmente, chocou contra unha árbore.
Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Carballiño, Garda Civil de Tráfico, GES de Ribadavia e efectivos de Protección Civil de Toén. Os sanitarios atenderon a dous feridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.