O PSdeG "abandona" a comisión do Marisquiño por ser "electoralista"

"Deixaremos o resto dos grupos con resultados mediocres en Vigo facer súa campaña electoral", asegura Abel Losada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/10/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario do PSdeG "vai abandonar" a comisión de investigación creada no Pazo do Hórreo para indagar sobre o accidente ocorrido en Vigo o pasado mes de agosto durante o festival O Marisquiño por "electoralista".

O socialista Abel Losada nunha comisión
O socialista Abel Losada nunha comisión

Así o anunciou o portavoz socialista neste órgano parlamentario, Abel Losada, que anunciou que deixarán aos demais partidos políticos, con "resultados mediocres" na cidade de Vigo, facer a súa campaña electoral" no Parlamentno de Galicia, a uns meses, precisamente, das eleccións municipais de maio.

"É evidente que é unha comisión de investigación electoral, entendemos que os promotores, tanto os enganados como o non enganados", abundou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta