Persoal de Proxecto Home segue denunciando represalias desde a xerencia

A Plataforma #As17deProxectoHome, que reúne a traballadores e traballadoras da Fundación, reuníronse con representantes políticos para buscar unha saída á actual situación, na que reclaman a aplicación do convenio estatal de acción e intervención social 2015-2017.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2018 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

As reunións da plataforma integrada por persoal de Proxecto Home con parlamentarios galegos tiveron lugar o pasado mes de outubro. Mais será no pleno deste mércores cando previsiblemente o grupo En Marea lle faga unha pregunta ao goberno galego sobre este asunto. Dita pregunta, á que se comprometera facer o portavoz de En Marea Luis Villares, foi tramitada polo procedemento de urxencia na cámara autonómica para ser incluída na batería de cuestións que se debaterán no próximo pleno este mércores día 7 de novembro.

O presidente da Xunta visita Proxecto Home na súa XXVII aniversario
O presidente da Xunta visita Proxecto Home na súa XXVII aniversario

A polémica desatouse dentro da Fundación Proxecto Home cando varios membros do seu plantel laboral mostraron a súa posición a favor de acollérense ao convenio estatal para Acción e Intervención Social. Desde a dirección-xerencia respondeuse que existía un marco que recollía todas os puntos relativos tanto a horarios, salarios e contratacións.

A situación desembocou nunha serie de xuízos, a maioría gañados polos traballadores e traballadores. Nun comunicado emitido a semana pasada, a Plataforma #As17deProxectoHome, denuncia “as represalias que sofren os traballadores, que inciden directamente sobre a atención aos usuarios que precisan axuda, e instan realizar prontas accións que permitan solucionar o problema”.

Unha das últimas actuacións desde a dirección-xerencia presidida por Ramón Gómez Crespo, foi o cesamento do director e asistente de director do centro que a Fundación ten nas Cernadas, concello do Val do Dubra. Ambas as dúas persoas, segundo fontes da Plataforma, seguen traballando para Proxecto Home, pero en diferentes postos. O antigo director de Cernadas traballa en turno de noite na sede en Santiago e a que fora asistenta á dirección segue en Cernadas “con tarefas administrativas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta