Pontón aviva pantasmas do pasado: a influencia do concurso eólico na derrota do BNG

Apunta a intereses políticos e empresariais na persecución xudicial ao ex conselleiro Fernando Blanco. Curiosamente, o bipartito perdeu a Xunta por escasos votos na provincia da Coruña tras unha agresiva campaña do PP amplamente divulgada por La Voz de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/11/2018 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

Era un segredo a voces... Ou non tanto, porque non son poucos ex dirixentes políticos do BNG –en activo ou retirados– que teñen suliñado en público e en privado que o goberno do bipartito perdeuse por unha “campaña política e mediatica” en contra do BNG vinculada a intereses empresariais dun concurso eólico que ía mover centos de millóns de euros.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Esa campaña levou por diante  figuras emerxentes do entón nacionalismo galego como o ex conselleiro de Industria, Fernando Blanco, ou ao ex vicepresidente e entón líder do BNG, Anxo Quintana. O primeiro tivo que dimitir porque o seu nome apareceu nun sumario xudicial que se acaba de arquivar case nove anos despois. O segundo acabou marchando logo das presións internas da súa propia formación.

E a este triste episodio fixo alusión este mércores a nova líder do Bloque, Ana Pontón, ao referirse ao seu ex compañeiro Fernando Blanco. “Tarde, pero a verdade saíu á luz”, salientou e preguntouse como é posible que unha persoa poida ser investigada durante oito anos “sen ningún tipo de base, nun proceso no que os prazos se dilatan condicionando a vida persoal, política e profesional dunha persoa sen que pase nada”.

“Á marxe da tardanza, é un motivo de satisfacción que se confirme o que no BNG sabiamos: Que Fernando Blanco foi unha persoa que na súa vida política defendeu os intereses de Galiza, poñendo en cuestións moitos intereses económicos dos de sempre, e pode ir coa cabeza moi alta porque sempre estivo á altura e ten acreditado o seu compromiso con este país”, recalcou a líder nacionalista.

E aínda foi mais lonxe: “Houbo intereses políticos na súa persecución... Foi por evitar que o concurso eólico o levaran catro empresas”, engadiu. E foron, precisamente, estas palabras as que volven poñer enriba da mesa esa campaña que entón se orquestrou en contra do BNG.

O presidente da Xunta no parque eólico de Malpica
O presidente da Xunta no parque eólico de Malpica

NACE "BOICOZ"

Unha circunstancia que entón activou á militancia do BNG a través da rede coa famosa “Boicoz”, unha campaña en contra de La Voz de Galicia. “Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas...Pois bem, eu, na medida do possível, procurarei em adiante não ligar nada de La Voz, nem tampouco dar-lhe publicidade através de redes sociais”, apuntaba o impulsor desta iniciativa a través do agregador de noticias Chuza. Unha campaña que calou moi forte entre a militancia do BNG, indignada polo trato que os poderes económicos e mediaticos estaban dando a esta formación.

Nesa campaña, o PP utilizou todo tipo de ataques políticos como o gasto en coches de luxo, os bailes de Anxo Quintana con vellos ou a presenza dun minibar de luxo no seu coche que logo resultou ser unha neveira portátil. Todas estas denuncias foron magnificadas entón por determinados medios, principalmente, La Voz de Galicia, quen tamén publicou en plena campaña electoral unha foto do entón ex vicepresidente co empresario Jacinto Rey.

O propio Anxo Quintana desvelaba en 2016 o que realmente pasara durante eses anos, sen pelos na lingua, e falaba abertamente dunha campaña do “prócer herculino”, en alusión a Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, por ser o responsable desta caza de bruxas por negarse o BNG a modificar o concurso eólico do bipartito. Algo que faría, despois, o Partido Popular a través da coñecida como “lei de depredación de Galicia”, que favorece a aprobación pola porta de atrás de numerosos proxetos eólicos vinculadas ás grandes empresas enerxéticas, tras a anulación do concurso do bipartito.

Quintana respondía directamente ao ex delegado de La Voz en Ourense que o atacara duramente nun artigo. “Contigo empezó el desastre que ahora parece haber tocado fondo. Y cuando unos aguerridos militantes, con Ana Pontón al frente, se aprestan a sacarlo a flote, eres el primero en abandonar el barco”, apunta o xornal coruñes tras anunciar Anxo Quintana a súa retirada da política activa.

A resposta do ex vicepresidente foi contundente a través dunha misiva:

“Naquel ano fun chamado a contas para comparecer ante determinado prócer herculino. Pedíronme  explicacións  sobre a  nosa  intención  de  utilizar,  legal e  democraticamente, o concurso eólico promovido polo bipartito para fortalecer o tecido empresarial galego e crear traballo e riqueza en Galicia. Pedíuseme unha rectificación. Quíxoseme facer ver “que las cosas no se hacen así”. Afirmouse diante de min, como se eu non estivera diante que”un enfermero de Allariz no puede venir a cambiar el marco económico de Galicia”. Avisóuseme de que me ativera as consecuencias. A miña resposta foi NON e a miña réplica unha recomendación: o que queira mandar en Galicia que se presente as eleccións. Nunca outra fixera! Xusto despois desa reunión un diario coruñés de dereitas comezou unha auténtica cacería contra min e contra o meu partido daquela. Paxinas enteiras con xente maior a que supostamente se lle deixaba morrer sen axudas, Galescolas onde os nenos de un ano antes de aprender a falar se lles ensinaba a cantar o himno galego,oposicións amañadas aínda que nunca se celebraran. O que fixera falla. Sen reparar en gastos nin razóns. E así ata a campaña electoral do 2009, que pasou á historia como a campaña mais porca de todas as que se coñeceron ata entón e que marcou tendencia para as posteriores. E  todo  para  que?  Para  conseguir  que  afoutados  militantes  e  votantes  de  esquerda  e nacionalistas se desmobilizaran, creran as mentiras dos alleos antes que os argumentos dos propios  e conseguir así eliminar pola vía das urnas o que non conseguirán coas ameazas de despacho. E conseguírono. Triunfaron”.

Fernando Blanco e Anxo Quintana durante a súa etapa no goberno do bipartito
Fernando Blanco e Anxo Quintana durante a súa etapa no goberno do bipartito | Fonte: xunta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 twuj

E por iso o BNG non para de lle render pleitesía a La Voz e ao seu patrón. Farsantes.

5 Salgueiro

Tedes que entender que moita xente do BNG foi moi valente perante moitos anos. Pero non era valentía persoal. Era máis ben valentía partidaria. Porque moitos dos seus membros pertencían e pertencen a povos, pequenas vilas, cidades provincianas...que fan que a xente, a nível persoal, non diga o que pense. E o BNG mailos seus dirixentes tamén eran así. Non din as cousas cando se tenhen que dicer, alto e claro. Dinno anos depois, cando o "procés" catalán, que iso si que é moi forte, cando En Marea, que grazas a Madrid, xa non é tan provinciana, etc. Somos provincianos. Nin é bon nin é malo. Pero é o que é.

4 Xanc

Aquí a única pant.sma é este cargo da Marea que di que non é Podemos sendo secretario xeral de Podemos Galicia https://mobile.twitter.com/gabrielr...

1 LKI

Xa quedou claro para qué quere o BeNeGá ir ao Congreso: a montar lío mediático provocando aos representantes galegos e a roubarlle o protagonismo ás vítimas --e aos familiares das vítimas-- do tren Alvia. Sodes a vergoña de Galiza.

2 Licor Kafe Intoxicada

Se non fose por Ana estaría este caso esquecido e pechado, media representante do Bloque fai máis que tódolos palmeiros de Podemos. Ainda por riba o único que fala e trata de sacar rédito partidista e interesado das vítimas desgraciadamente é o señor Toné. Vergoña a que non tedes algúns mareados coma tí.

3 Manu2

O malo é que o BNG nunca ataca a "La Voz de Galicia", nin siquera Anxo Quinta nesta carta o fai directamente, chamando ao periódico ou ao seu dono polo seu nome. A parte que os dirixentes do Bloque parecen estar desexando poder escribir unha columna na Voz, cando lles deixan. Cousa á que non deberían prestarse.

1 LKI

No BeNeGá non só deben cartos e favores á banca española, tamén teñen moitas ataduras cos principais grupos mediáticos. Son os tío-tom, os sipaios, a malinche, a forza vendida da plantación de algodón.

2 comunista independentista

Coa rufianada de onte quedou claro que ao Bloque non lle importan nada as vítimas nin a comisión do Alvia e que Rufián é un monicreque da blocallada para o seu único obxectivo: atacar e insultar aos representantes de 360 mil galegos.

3 LKK dependentista

Ao mareantes cervantinos pro-tren de Burgos impórtalles Cervantes e insultar a quen deu voz ás vítimas do Alvia.

4 Ferrolvox

A quien le importa lo que hace o dejé de hacer el bloque un partido acabado y que no representa al pueblo gallego, dejadnos en paz y disolverlos

2 EEDD

Está moi claro que o BNG non ten que agachar ningún caso de corrupción. O enfermeiro de Allariz falou moi claro e con pensamento de país, cousa que outros grupos de esquerda non ven por aquí. Soamente lles vale meterse co alcalde que presume do modelo de cidade que deu creado contra vento e MAREA, nunca mellor dito

1 Kilo

Alcalde de O Porriño con el BNG, entre 2003 y 2010, inhabilitado por prevaricación. https://www.diariodepontevedra.es/a...

2 Bernal Calvo Decomisiones

Si ho bo exempo puxeches un que era renovador dos vosos e que rematou no psoe