Fene, Cuntis e Moaña terán goberno do PP

Os nacionalistas non apoian aos socialistas en Fene e Cuntis e un edil do PSdeG deulle a alcaldía de Moaña aos populares. Os concelleiros implicados poderían acabar expulsados de ambas as dúas formacións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2011 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Este sábado constituíronse os gobernos locais saídos das pasadas eleccións do 22M e, como sempre, houbo sorpresas. Finalmente, e tras a intervención das cúpulas do PSdeG e do BNG, non foi posible chegar a un pacto en Cuntis e Fene.

Nestas dúas localidades, a suma da esquerda case era o dobre que a da esquerda pero terán goberno popular. E é que as agrupacións locais do BNG decidiron, nos dous casos, apoiar aos seus candidatos, a pesares de ter menos votos que os socialistas.

Escasa diferencia de votos

Ainda que empataron en número de concelleiros --cinco en Fene e catro en Cuntis- a  diferencia foi moi escasa; 89 votos no primeiro caso e 15, no segundo. Por iso, e polas diferencias que houbo nos gobernos municipais bipartitos da pasada lexislatura e dos que se arrastran problemais persoais, os nacionalistas facilitaron co seu voto que haxa novos alcaldes populares.

O mesmo fixo o PSdeG en Moaña xa que un dos seus edís dediu absterse e, facilitar así, a investidura do popular José Fervenza en detrimento do BNG. Os nacionalistas obtiveron sete concelleiros, fronte aos oito dos populares, polo que necesitaban do apoio dos dous edís socialistas. Segundo apuntan fontes do PSdeG "a man de Rafael Louzán" anda polo medio desta operación.

Expulsións

As direccións das dúas formacións evaluarán, agora, as medidas que han de adoptar. Os socialistas xa anunciaron que lle pedirán a acta ao seu concelleiro de Moaña e se se nega, "expulsarano" do partido. Os nacionalistas, e tal e como fixeron en 2007 en Muros ou Porto do Son, iniciarán un expediente que pode rematar coa expulsión dos concelleiros do BNG de Fene e Cuntis. E e que, pese a intervención de Guillerme Vázquez e de membros da Executiva nacionalista, finalmente, os concelleiros destas dúas localidades actuaron en función do que decidiron os militanes nas distintas agrupacións locais.

Onde non houbo sorpresas de última hora foi en Noia e Muros, xa que, finalmente, os nacionalistas apoiaron aos socialistas para que poidan acceder á alcaldía. O mesmo aconteceu cos socialistas en Carnota e Salceda, que acabaron votando a favor da investidura de rexedores do BNG.

Arbo e Betanzos

Pero este sábado tamén trae outras sorpresas, como o pacto acadado a última hora entre os nacionalistas e os independentes para gobernar Arbo, unha das prazas fortes do PP na comarca, ou tamén o acordo ao que chegou o PSdeG e os independentes en Betanzos, para que os primeiros gobernen a vila.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

6 Braulio

En Ordes goberna un independente populista en minoría.. O PP subiu moito. O BNG esfarelouse despois andar a paos entre eles e presentar uns candidatos corruptos e que só andan aos cartos. O PSOE pinchou despois de andar a paos entre eles e cortarlle a cabeza a mellor líder que tiñan, unha ex-deputada no Congreso.

1 Rayleigh

Poderías dar datos sobre eses "corruptos" do BNG de Ordes? Grazas.

2 Xoelho

Ola, Ray. ¿Xa felicitaches ao teu ídolo polo magnífico resultado obtido en Vigo grazas ao seu perfeito castrapo?

3 aaaaaaaaa

Xoelho, outro intoxicador españolista

4 Nogallás

Raleyigh: Sabes o que é CARRUMEIRO. Pois eso

5 Rayleigh

Nogallás: Pois non. Non sei. Onde podo atopar esa información? Ten algo que ver co de Ordes que di Braulio? Hai alguén detido ou sinxelamente investigado? E Xoelho..A miña opinión sobre o tema xa a puxen noutro post sobre as eleccións. Se ti non sabes ler, non é meu problema. Quizais non o escribín en perfecto galego. De todos modos sempre nos quedará Camilo Nogueira, non si? Só hai que rezar para que non morra de vello nos próximos 4 anos.

6 Rayleigh

Por certo Xoelho, esto o escribiches ti? http://www.farodevigo.es/cartas/201... De todos modos, estou canso de tantas palmadiñas na espalda de tipos que din "que bien lo hiciste, pero yo voto a los mismos inútiles de siempre".

7 Xoelho

Ray, se bebes non conduzas. Faime caso.

8 Rayleigh

Moitas grazas por velar pola miña saúde. Pero o que me interesa é se escribo ben en galego pois é para o único que che necesito. Viches a miña resposta onde correspondía ou segues tendo algún problema de compresión lectora?

9 Xoelho

Pois eu creo que onde corresponde responder é onde se pregunta. Problemas de comprensión lectora, depende do ben que escriba o elemento ou elementa que eu teña que ler. En fin, dálle lembranzas da miña parte a San Santi, catedrático de castrapo.

10 Rayleigh

Pois non meu neno. Por que eu agora pódoche preguntar que te parece que o celta non subira a 1º. Non ven o caso e eu non estou aquí para repeti-la mesma cousa unha e outra vez según che pete. Para repeti-las mesmas cousas xa estás ti. Vaites..eu pensaba que se valoraba a xestión e as propostas para o futuro o 22-M pero parece que, en realidade, houbo exame de língua. Entón Corina Porro seica debe ser toda unha académica...A ti o sol destas datas afectouche o cerebro, non si?

11 Xoelho

Corina Porro xa sabemos que intereses e partido representa. A un suposto nacionalista hai que esixirlle que defenda a lingua algo mellor que Corina Porro, ¿non coidas? O labor do PP é acabar co galego, e cumpren; o labor do BNG é defender a lingua, e fan case o mesmo que o PP. Desta maneira, non hai a penas quen defenda o galego porque temos un BNG que non vai en serio.

12 Rayleigh

Según ti, a baixada de votos do BNG é por culpa de "falar mal o galego". Logo se alguén consegue bos resultados, debe ser por falar ben o galego. Iste é o teu argumento. O TEU único argumento. A xente busca bos xestores e que saiban vende-los seus logros. O idioma que falen, por moito que te pique a ti ou os de GB, impórtalle ben pouco a xente. Se queres que a xente apreze o galego, procura facer unha boa labor no resto dos temas. Se o fas, ninguén queixarase. Iso é o que pasa en Pontevedra..Demostra que os que falan galego, son mellores. Fai unha boa xestión e do resto terás moitísimo gañado. O que non podes facer e ser un vago ou venderte mal e o único que te vexan é que estás dando a matraca co galego.

13 Rayleigh

Os problemas do BNG son que non sabe venderse (algo gravísimo cando os medios de comunicación non lle dan nin auga), a cantidade de inútiles que sen oficio nen beneficio pululan o seu redor e que se dedican a enmerdar sen da-la cara (para mostra, a xentiña que anda por neste foro que todo o arranxan chamando mantido de non sei quen) e a falta de contacto coa realidade para artellar propostas serias nas que o tema da lingua, nos tempos que corren é algo secundario. E a falta dun líder CLARO, PERMANENTE e CARISMÁTICO (tanto a nivel nacional coma local). Esto é o que impide que, a pesares de ser valorados os políticos do BNG, a xente non lles vote.

14 Xoelho

Non, eu non dixen iso, Ray. Os problemas do BNG son de que ten malos políticos e/ou forman parte dunha engranaxe máis do sistema que ten por función lexitimalo e non ser alternativa real. O certo é que cada vez ten menos votos, desde a última etapa de Beiras, e por algo será. O da lingua é unha mostra de mal traballo nese importante terreo e tamén é mostra da mala calidade, falta de intelixencia e orixinalidade dos seus políticos-militantes. O BNG penso que xa foi rebasado na prática frente á crise económica polos do movemento 15 de maio, pedindo, esixindo democracia real e cuestionando a crise e a maneira de saírmos dela.

15 Rayleigh

Non..non ten malos políticos. Salvo que entendas por malos políticos o de que non saiban venderse. Isto o é todo. Se fora así como dis, Baltar debe ser a bomba como político, non? E non sigas co tema da lingua. Touriño falaba ben? Feijoó fala ben? No tema electoral, falar ben ou mal é algo secundario para os cidadáns. A min se me escapa a razón pola cal non se poden nomear cargos a 4 anos vista. Por que hai que nomealos a 3 meses das eleccións? Iso é un desastre. Iso sen contar, cos inútiles que se pasan anos e anos "debatindo ideas". O BNG foi sobrepasado por que se pasan a vida "debatindo" sobre as esencias do nacionalismo. Algo que os cidadáns impórtalles ben pouco. Mentras que outros, trabucados ou non, teñen unha mensaxe clara e están o que realmente importa: as eleccións.

16 Xoelho

É que Baltar é un bo político para os intereses que defende. Aí tes os resultados. Bo político non significa bo para a maior parte do pobo, non, bo político é o que o fai ben para o seu partido, para os intereses que pretenda defender, sexa de dereitas ou de esquerdas. O BNG está necesitado de bos políticos ou de que os bos que ten sexan promovidos para candidatos nas eleccións. En canto á cuestión da lingua, reincides en terxiversar o que eu digo e o fondo da cuestión. Por suposto que a grande maioría, por non dicir todos, dos políticos do PSOE e do PP falan moi mal o galego, ¿quen o negou? O que eu digo é que unha forza nacionalista non pode facer igual, porque entón apañados estamos.

5 Xan

En Ponteareas, o PSOE abstivose e facilitou a investidura do alcalde do PP, en lugar da do candidato do BNG. Vergoñento

1 aaaaaaaaa

Normal, sendo Caballero de Ponteareas, dos Caballero de "Puenteareas" fascistas de toda a vida, van permitir que goberne a esquerda¡¡¡ Por favor¡¡¡ en que país vivides.

2 Nava Castro

E que foi de Robertito Mera ó que Quintana ía enchufar no Concello de Administración da Rtvg?

3 Xoelho

En Ponteareas non podía gobernar a esquerda de ningunha maneira, posto que para iso o PSOE e o BNG terían inevitablemente que recibir apoio dos "independentes" de dereitas, e aínda que houbese un alcalde do BNG non podería gobernar como quixese, á parte de que cando ao grupo "independente" lle petase, moción de censura e outra vez eles co PP a gobernaren. Iso xa pasou alí hai catro anos. Por tanto, o BNG debería pensar menos en ocupar poltronas e máis en cambiar a sociedade en Galiza. Por outra parte, resulta curioso que eses parvos que tanto falan de non contaminarse cos "españolistas" perdan o cu por aliarse co PSOE. Un pouquiño de coherencia, rapaces.

4 xoca

Hai alcaldes do PP en moitos outros sítios e hai que desgrazadamente aturalos. Pero pareceme que é un toque de atención tanto para o BNG como para o PSOE, as cousas hai que facelas bem antes e asi non teriamos agora que pasar por esta situación. En especial no PSOE hai alcaldes que som tanto do PP como os que se fai referéncia neste artigo (Orozco en Lugo e Caballero en Vigo por exemplo).

3 Non ao veto do naval

O do PSOE de Fene non se preocupaba nin de gardar as formas. Apoiaba o veto sobre a construción naval. Nin ía polo concello. Presentou unha denuncia contra o anterior alcalde do BNG por facer unhas obras do concello. Os seus concelleiros do PSOE insultaban abertamente polos corredores aos do BNG cando compartían goberno. Nas negociacións agora non quería ceder nada, só esixía apoio para el mesmo. Tería sido un suicidio apoialo

1 mk__

E esquences a "espantada" do concello do tenente de alcalde (PSOE) da anterior corporación

2 As Foxas

En FENE trunfaron as teses do RAPOSO,co apoio de Chicho, Ana Santiago e Polo, xa hai alcalde do PP. Agardemos que a primeira medida que tome Sindo Galego sexa desfacer Radio Fene e o RAPOSO vaia a tomar polo cú. Dentro dun ano cando Juventino Trigo( que nen sequera galeguizou o seu nome) xa teña volto para a súa empresa a "pasar de Fene" como leva facendo 25 anos, haberá unha moción de censura da que resultará un goberno de coalición Psoe-BNG e Iván Puentes e Manuel Polo serán o Alcalde e o Tenente Alcalde, ámbolosdous con dedicación exclusiva.

1 PSOE PP a mesma...

Vaia e eu que pensei que o raposo era o Ivan Puentes, agora nada que ver có raposo das Pontes Valentín Formoso apadriñado polo PP.

2 indignado

Habería que completar a frase. Psoe, BNG e PP a mesma merda é

3 Ostia que me dou

Indignado aínda hai diferencias, pero xa sabes o dito "Non hai mais cego que aquél que non quere ver".

4 mk__

Ha ha ha ha ha... o BNG de Fene leva 20 anos desnortado e perdendo votos, neso tamén foron pioneiros no Bloque. Ainda que non apoiar ao ex-alcalde virtual (Unha oración por el agora que na sua casa lle axustaran as suas bravuconadas) e o Sº que traballa e vive a 100 km de Fene pero segue pretendendo ter o PSOE, e o Consello se lle deixan, baixo o seu ordeno y mando, non creo que sexa das peores decisións do BNG de Fene. Mágoa que governe o PP, pero governará moi en minoria, e se crin que o PSOE foi positivo para limpar algunha merda do anteriro concello, só fixo cambiar o patrón, non as redes clientelares que seguen a ser as mesmas. Así que... a roe-la!!!

5 Indignado menos comigo mesmo

Psoe pp eu tg bng cg... a mesma merda son todos. Viva eu que son o único guai

6 Marculias

Os de Fene, teñen un pé fora do BNG, pois serán expulsados sen mais miramiento, e iso téñeno merecido despois do desacato á Dirección Nacional, a UPG como forza hexemónica da fronte nacionalista, non pode tolerar que personaxes como Raposo, Chicho e compañía sigan campando ás súas anchas desafiando a autoridade da organización, co agravante de telo por por norma desde hai 20 anos. Tan só quedará como representante do BNG o concelleiro Polo, proclive á UPG, as dúas concelleiras pasarán ao novo grupo mixto, e J&J Juventino e Justo que teñen condición de independentes non afiliados, irán parar ao PSOE, circunstancia que posibilitará anticipadamente a moción de censura que devolva a lexitimidade á alcaldía de PSOE na persoa de Iván Puentes (Despois de reises mais menos as augas volverán á súa canle)

7 Marculiá

Os de Fene, teñen un pé fora do BNG, pois serán expulsados sen mais miramiento, e iso téñeno merecido despois do desacato á Dirección Nacional, a UPG como forza hexemónica da fronte nacionalista, non pode tolerar que personaxes como Raposo, Chicho e compañía sigan campando ás súas anchas desafiando a autoridade da organización, co agravante de telo por por norma desde hai 20 anos. Tan só quedará como representante do BNG o concelleiro Polo, proclive á UPG, as dúas concelleiras pasarán ao novo grupo mixto, e J&J Juventino e Justo que teñen condición de independentes non afiliados, irán parar ao PSOE, circunstancia que posibilitará anticipadamente a moción de censura que devolva a lexitimidade á alcaldía de PSOE na persoa de Iván Puentes (Despois de reises mais menos as augas volverán á súa canle)