Josep Pedrerol acusa o Dépor de "sexismo" e os seareiros respóndenlle que é un "machista" e "polemista"

As críticas de Pedrerol pola diferenza de tamaño do Trofeo Teresa Herrera masculino e feminino indignan a moitos afeccionados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/11/2018 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

Un trofeo "xigante" para os homes e "pequeñito" para as mulleres. Así comezou a súa crítica o presentador Josep Pedrerol no programa 'Jugones' de La Sexta pola diferenza de tamaño do Trofeo Teresa Herrera entregado ao Athelitic Club de Bilbao masculino e feminino.

Trofero Teresa Herrera.
Trofero Teresa Herrera.

O presentador do famoso programa de deportes non dubidou en cualificar o xesto como "feo". O programa de La Sexta, que fala de "sexismo", recolleu a pé de rúa na cidade herculina os testemuños de mulleres que criticaron duramente esta diferenza de trato a homes e mulleres que fixo o Real Club Deportivo da Coruña. Pero tamén dalgún home que se sumou á causa.

"La gente no lo comprende y acusa a la organización [Real Club Deportivo] de desigualdad", expresaron no programa de La Sexta.

Porén, houbo tamén unha avalancha de reaccións contra o programa e Pedrerol. Pois aínda que hai xente que coincide en que se trata dun xesto "machista", tamén os hai –moitos– que restan importancia ao xesto do Deportivo, enxalzan a aposta do club coruñés polo fútbol feminino, fachendan de que A Coruña ten o único trofeo adicado a unha muller e atacan o presentador e o programa por non ser coherentes e vetar o fútbol feminino.

Velaquí algunhas reaccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta