Adxudican varias fincas e un ático que foron de Marcial Dorado por 260.000 euros

As propiedades eran varias fincas que estaban na provincia de Ávila e un ático en Baiona.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 20/11/2018 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O Fondo de Bens Decomisados procedentes do tráfico de drogase outros delictos relacionados, que xestiona a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, subastou este martes varios lotes de inmobles, entre eles había un conxunto de fincas rústicas e un ático que foran propiedade de Marcial Dorado.

Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho
Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho

Durante a subasta, que se celebrou nun hotel de Madrid, foron vendidas varias fincas e Yllera de las Dueñas, provincia de Ávila, por 100.345,90 euros. Tamén venderon un ático en Baiona por 160.000 euros, un 43% máis que o prezo mínimo.

Ambas as dúas propiedades foron adxudicadas a particulares e foron decomisadas a Marcial Dorado despois de que fose condenado, en 2015, a unha pena de seis anos de prisión por un delicto de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

Outra das fincas decomisadas a Dorado, a coñecida como Casa Jaureguizar, en Vilagarcía de Arousa, foi retirada da susbasta, xa que a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas chegou a un acordo co Concello de Vilagarcía. Desta maneira, o consistorio comprará o inmoble por 170.000 euros para ser usado en fins socioculturais.

RESTO DE LOTES

Durante a poxa pública celebrada este martes, onde participaron 92 licitadores, saíron a subasta 19 lotes, e só unha das subastas quedou deserta, a referente a un inmoble en Alhaurín de la Torre en Málaga.

Polos outros lotes, o Fondo de Bienes Decomisados por tráfico ilícito de drogas e outros delictos relacionados, ingresará 1,8 millóns de euros, que se destinarán maioritariamente a programas de prevención, mellora da asistencia e reinserción social de persoas drogodependentes.

O total recadado chega ao 45% o prezo mínimo de adxudicación, cifrado en 1,274.825,68 euros (o prezo mínimo de adxudicación corresponde co 70% do valor de taxación).

Nos últimos anos, aproximadamente o 70% destes ingresos adicáronse a este tipo de programas de redución da demanda e o 30% á redución da oferta (persecución do delicto e actuacións policíais e aduaneiras).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta