Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/11/2018 | Actualizada ás 14:32
As enfermidades neurolóxicas son as causantes do 20,6 por cento das mortes que se producen cada ano en Galicia. En concreto, no último ano faleceron na Comunidade galega un total de 6.500 persoas e no conxunto do Estado esta cifra alcanza as 78.000 (19%.
Son datos do informe elaborado pola Sociedad Española de Neurología (SEN), que este mércores presentou na súa 70ª Reunión Anual, e que foi elaborado cos últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Así, o obxectivo deste documento, baixo a denominación 'Impacto de las enfermidades neurológicas en la mortalidad española', é determinar o peso das enfermidades neurológicas na mortalidade española e nas distintas Comunidades Autónomas, así como a evolución que presentaron as enfermidades neurolóxicas con maior índice de mortalidade na última década.
As cifras de incidencia non se reparten de igual forma por sexos. Mentres que en España foron as responsables de 14,6% das defuncións de homes, a cifra aumenta até o 23,6% no caso das mulleres (13,5% e 21,2%, respectivamente, en Castela e León).
"Pero ademais, estas cifras poderían ser aínda maiores, xa que pola catalogación da Clasificación internacional de Enfermidades, non puidemos contabilizar os falecementos que se producen por traumatismo cranioencefálicos", explicou Juan Carlos Portilla, vogal da Sociedade Española de Neurología.
Segundo as estimacións que manexan, cada ano prodúcense uns 20.000 traumatismos cranioencefálicos graves, dos cales até un 40% dos que os sofren, lamentablemente, acaba falecendo".
POR COMUNIDADES
Cantabria (24,1%), País Vasco (22,6%) e Navarra (22 %) son as Comunidades Autónomas nas que hai unha maior porcentaxe de mortalidade por enfermidades neurológicas respecto ao total de falecementos, e son tamén as rexións onde máis mulleres morren por esta causa (30,6%, 27,8% e 27,6%, respectivamente). No caso da mortalidade dos homes por enfermidades neurológicas, A Rioxa (19,4%) sitúase en primeira posición, seguida de Cantabria (17,8%) e País Vasco (17,7%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.