Carmen Santos, ex líder de Podemos Galicia, posiciónase coa lista de Bruzos

Santos considera que é a lista que "impulsou" a súa organización, encabezada agora por Antón Gómez-Reino.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A exlíder de Podemos e deputada de En Marea, Carmen Santos, situouse a favor da lista que encabeza David Bruzos, 'Entre todas', porque é a que "impulsou" a súa organización, actualmente encabezada polo parlamentario no Congreso por En Marea Antón Gómez-Reino.

Carmen Santos, deputada de En Marea e exlíder de Podemos
Carmen Santos, deputada de En Marea e exlíder de Podemos | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas en rolda de prensa este xoves, Santos defendeu que xa con ela á fronte de Podemos Galicia había "unha liña de traballo, a de facer máis grande a marea". "Pedíasenos a participación de Podemos", manifestou, respecto diso do que comentou que a formación morada "tiña unha serie de cuestións" como condicións.

A actual dirección de Podemos Galicia, dixo, "segue esta liña". Así, defendeu que "simplemente se constituíu unha lista para mellorar a pluralidade de En Marea", polo que ela situouse a favor da candidatura que "apoia a dirección".

"Sen que sobre ninguén do resto dos compañeiros", matizou a continuación, antes de remarcar que considera que esta candidatura é "o máis positivo para ampliar en cambio en Galicia". "Apoio a lista que impulsou a miña organización", subliñou.

Preguntada polas críticas da outra candidatura sobre as 'tutelas' coas que se elaborou a lista de Bruzos, Carmen Santos defendeu que 'Entre todas' se elaborou "en base a liñas de traballo" e remarcou que "cada un" fixo unha lista coas "persoas que considera". "É lexítimo, democrático e non se pode cuestionar. Hai que ser demócratas, isto é o que nos fai grande", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Mirade o ben que trata a Marea de Vigo a quen leva 20 meses acampando ás portas do Concello de Vigo https://i.gal/gamela19 Vergoña debera darlles !!!

2 Gamela

Se facer máis grande a Marea consistiu, para Carmen Santos, en EVITAR que Vigo tivese un Consello Cidadán Municipal (entón sí que traballou arreo para que só fose a chamada Marea de Vigo quen "capitalizara" os réditos electorais de Podemos!) Minte máis do que fala (e grazas a deus fala pouco!) https://cabozo.com/taboext.php?grup...

1 Presidenta Pontón

Terá que ver que o seu irmán vai na lista de Bruzos? Mareantes e mareantas, deixen de facerse dano e apoien o único proxecto viábel como alternativa ao PP, ese proxecto é o do BNG. Adiante BNG! Adiante Presidenta Ana Pontón!