A oposición acusa ao PP de traer supostos expertos ao Parlamento para defender os recortes sanitarios de Feijóo

Beatriz González López-Valcárcel, convidada polo PP, defendeu na comisión de investigación sobre a sanidade que se pode aforrar medio millón de euros retirando tratamentos oncolóxicos a enfermos terminais. Julio Torrado, do PSdeG, reclámalle á Xunta “que respalde ou desautorice ao Grupo do PP”. Os populares responden que esa catedrática "era asesora de Zapatero".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/11/2018 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Beatriz González López-Valcárcel experta convidada polo PPdeG na comisión de investigación sobre a sanidade no Parlamento galego defendeu que se pode aforrar medio millón de euros retirando tratamentos oncolóxicos a enfermos terminais. Tamén propuxo non administrar antivirais directos a enfermos de hepatite C en fase F0 e F1, o cal vai contra as directrices da Alianza para la Eliminación de las Hepatitis Víricas en España.

Unhas verbas que indignaron aos grupos da oposición que xa comezaron a reaccionar. O primeiro deles, o PSdeG, que lle pide a Xunta que desautorice a estas experta e tamén ao PPdeG por convidala. Os populares mantiñan na comisión os argumentos da súa comparecente e suliñaron que"os recortes non matan".

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou xa unha serie de preguntas parlamentarias nas que lle reclama ao goberno galego que explique “se considera ineficiente o gasto en tratamentos oncolóxicos”.  Así, pídelle ao goberno galego “que respalde ou desautorice” ao grupo parlamentario do PP que apoiou as afirmacións de González López-Valcárcel.Xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria de Lugo

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

O PP: "A XENTE PENSA QUE NON PODE MORRER"

Refírese Torrado as palabras de Aurelio Núñez, portavoz de Sanidade do PPdeG nesa mesma comparecencia.  Núñez asegurou que “case, case a xente pensa que non pode morrer” e que é “a presión social” a que leva a “facer cousas que poden parecer non moi axeitadas” en termos económicos.

Por iso, o deputado socialista pregoulle ao goberno galego que “se liberen desa presión social e amosen a mesma franqueza e sinceridade do seu portavoz, que vén de quitar a careta no Parlamento”. Fronte a esa actitude, suliñou que o PSdeG é “radicalmente contrario a aplicar criterios economicistas” á hora de coidar da saúde e da esperanza de vida da xente.

Sinalou que “grazas a estes arranques de sinceridade tódolos galegos e galegas podemos entender as razóns dos recortes aplicados por Feijóo na sanidade durante os últimos nove anos e por que por exemplo deixaron morrer a pacientes de hepatite C negándose a pagarlles os tratamentos”.

RESPOSTA DO PP

O PPdeG tivo que saír a desmentir o seu apoio a Beatriz González, tras as críticas recibidas. Así nunha mensaxe publicada na súa conta oficial de Tuiter, os populares, que foron os que propuxeron a esta persoa, din agora que "a catedrática asesorou a Caballero". "Expuxo a súas opinións, que non temos por que compartir", indican.

Ademais, enlazan outra mensaxe na que recollen as declaracións do Xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria de Lugo, tamén proposto por eles, nas que sinala que "nunca soubo o orzamento para medicamentos. "Yo siempre he comprado lo que he necesitado en función de las prescripciones médicas", suliñou este especialista tal e como recollen os populaes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta