Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2018 | Actualizada ás 13:07
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, analizou o "cataclismo" electoral de Andalucía e dirixiu unha pregunta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o resultado dos comicios, que arroxa unha maioría absoluta coa suma de PP, Ciudadanos e Vox: "Que lle parece gobernar coa extrema dereita colleita pola man?".
En rolda de prensa, interpelou ao presidente popular sobre a súa opinión sobre gobernar cunha formación "homófoba, racista, machista, que se quere cargar o movemento feminista dunha plumada". "Quere ir da man da extrema dereita, que nega os dereitos dos galegos?", continuou Rodil.
O BNG advertiu de que o PP e Ciudadanos "teñen un novo aliado resultado da involución democrática" e mostrouse "preocupado" por saber "que pensa o señor Feijóo" sobre a posibilidade de que os populares gobernen con esta formación política.
Rodil tamén advertiu do "altísimo nivel de abstención", cidadáns que "non se sentiron" interpelados por "ningunha das forzas políticas". "Deberíanos facer pensar", manifestou a deputada nacionalista, quen tamén expuxo o "fracaso das forzas progresistas e de esquerdas", coa "caída brutal do PSOE" e de Podemos.
"PREOCUPACIÓN"
Os nacionalistas galegos ven con "preocupación" a "eclosión da extrema dereita" e que "sexa chave de goberno nun territorio con oito millóns" de habitantes. "Daqueles pos, estes lodos", advertiu Olalla Rodil, quen tamén avisou contra os perigos de converter a batalla política nun "bulleiral".
Neste sentido, tamén lamentou a actuación de "algúns medios de comunicación" e uniu todos estes elementos para sinalar o que ocorreu: "Temos os resultados que están encima da mesa; unha forza política extraparlamentaria".
Para Rodil, a irrupción de Vox no Parlamento andaluz é o resultado do "clima de involución democrática no Estado español": "o 'A por eles', a lei mordaza...". "Non podemos escandalizarnos dos resultados que eles mesmos propiciaron", sinalou a deputada do BNG, quen se referiu ás persoas "que están no cárcere por defender" as súas ideas, e aos "cantantes e cómicos perseguidos e xulgados": "Non podemos sorprendernos do avance da extrema dereita".
"PLANTARLLE CARA"
O Bloque considera que hai que plantarlle cara" ao "clima de involución democrática e ao fascismo de Vox". "Un discurso antidemocrático, involutivo, ten que ser contrarrestado e hai que plantarlle cara. En Galicia cremos que a mellor maneira é gobernar para as maiorías sociais", salientou.
Olalla Rodil reivindicou unha sociedade "plural, democrática e basea na igualdade de xénero e de oportunidades". Só así, dixo, "deterase unha extrema dereita. Valores democráticos fronte a ese discurso agresivo e autoritarismo e persecución a quen pensa diferente democráticos, fronte a ese discurso agresivo, autoritarismo e persecución a quen pensa diferente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.