Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2018 | Actualizada ás 16:16
Un condutor tivo que ser liberado polos grupos de emerxencias tras quedar atrapado no interior do seu coche, que envorcou durante a mañá cando circulaba pola A-6, ao seu paso pola localidade de Begonte, na provincia de Lugo.
Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as oito da mañá deste domingo, concretamente, na parroquia de Illán. Até o lugar acudiron os membros do GES de Guitiriz para liberar ao condutor que, como consecuencia do impacto, tiña dificultades para saír do vehículo.
Debido á posición na que quedou o coche, tivo que ser sacado por unha das portas traseiras. Cando foi liberado, o ferido foi atendido e posteriormente evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital da Virxe dos Ollos Grandes.
Neste operativo tamén colaboraron os bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.