Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/12/2018 | Actualizada ás 14:51
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das denuncias da oposición e dos afeccionados sobre os danos na bancada de Marcador do estadio de Balaídos, e remitiuse a informes técnicos para descartar riscos porque se trata de "pequenas deficiencias".
Así, nunha rolda de prensa, o rexedor sinalou que existe un informe do 28 de novembro dun enxeñeiro "externo" que, despois dunha "inspección visual", concluíu que "non hai ningún síntoma de esgotamento da estrutura" da bancada.
No entanto, Caballero recoñeceu que si existen "pequenas deficiencias" e "fallos nas xuntas" que "hai que selar", pero avanzou que se realizarán esas reparacións en xaneiro.
Por outra banda, o alcalde exhibiu tamén un informe de 2013 da empresa Galaicontrol, elaborado após "unha análise máis profunda", no que se detectaron algúns danos, e que "foron reparados 6 meses máis tarde".
Sobre a petición do grupo municipal Marea de Vigo de que se peche forma preventiva por seguridade a bancada de Marcador, o rexedor limitouse a asegurar: "Marea tamén pediu o peche de Citroën".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.