Villares anima a David Bruzos, a Podemos e EU a que participen nas votacións das primarias de En Marea

Di que "sería unha mágoa" que "negasen aos seus inscritos" poder votar. Únese así ao chamamento de Anova e dos alcaldes da Coruña e de Compostela a participar do proceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, advertiu aos críticos que "sería unha mágoa" que, ante o proceso de primarias para a renovación da dirección, fose retirada a candidatura de David Bruzos e, con este paso, "negasen aos seus propios inscritos" a posibilidade de poder votar polo modelo alternativo que reivindican. Un chamamento que, curiosamente, comparten os alcaldes críticos da Coruña e de Compostela.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA - Archivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa. EN MAREA - Archivo | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios, nos corredores da Cámara, o portavoz de En Marea asegurou que afronta esta fin de semana das primarias "con moitísima ilusión", xa que se "culminará" o proceso de renovación de órganos internos. "O normal era votar e, por fin, con todas as garantías, imos poder facelo", sentenciou.

Nesta conxuntura, fixo un chamamento "a todo o mundo" a que participe "con normalidade", posto que "existen máis garantías que hai un mes". Ao tempo, asegurou que confía en que "o compañeiro David Bruzos", cabeza da lista alternativa á do propio Villares ('Entre todas') "recapacite", e cheguen as dúas ás votacións convocadas entre este sábado ás 9,00 e a mesma hora do luns de Noiteboa.

E é que, os críticos --con marcada forza Podemos e EU (a dirección de Anova emitiu un comunicado este venres no que aposta por manter a lista alternativa a Villares)-- afirmaron que sopesan retirar a lista. Para o actual portavoz de En Marea, sería "unha mágoa" que isto ocorrese, xa que "negarían" así a opción "aos seus inscritos" de poder optar por "outro modelo" para o espazo político.

Villares, quen advertiu de que o que "lexitima" o proceso é dar a opción de votar e non a participación, respondeu tamén a Anova --que chamou a converter as votacións nun revogatorio contra el-- que nas primarias elíxese unha nova dirección política e pediu non facer "trampas". "O procedemento revogatorio é unha cousa distinta que vén nos estatutos e, quen queira activalo, ten toda a lexitimidade de facelo", dixo, antes de concluír que "oxalá os problemas" se solucionasen "sacando ou pondo a unha persona".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 comunista independentista

A persoa máis nociva, destrutiva e tóxica na historia da esquerda galega.

2 Gamela

Será picapleitos o xuiz do carallo !!! "O procedemento revogatorio é unha cousa distinta" / quere dicir que logo de perder as primarias aínda pensa seguir cobrando como portavoz de En Marea no Parlamentiño do Hórreo ? Manda carallo na Habana !!! A algúns a política venlles moi estreita ou é que teñen a cabeza só para "cagar sentenzas" !!!

1 roade

Se o local tédelo en aluguer, mellor pecha a porta e devólvelle a chaves ao dono, pois a comedía xa rematou.