O CDG celebra este domingo unha nova sesión de teatro infantil en Santiago

O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2018 | Actualizada ás 09:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.

Así, a montaxe 'Os fabulosos cleaners', de Malasombra Producións, poderá verse este domingo 30 (12,30 horas). A entrada están á venda na web (entradas.abanca.com) e o despacho de billetes do Salón Teatro.

Xoque Carvajal e Jouse García son 'Os fabulosos cleaners', dous operarios encargados da limpeza dun teatro, que realizarán un espectáculo con pompas e burbullas, cheo de cores e formas.

Esta sesión acompáñase do taller 'Visto non visto', dirixido a nenos a partir de tres anos, que imparte Elea López nas dúas horas previas ao pase no Salón Teatro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta