Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2019 | Actualizada ás 20:03
O sindicato Confederación Xeral do Traballo (CXT) denunciou que ao longo deste nadal Renfe substituíu doce trens por autobuses "ante a falta de cadro de persoal" nos seus departamentos de condución e canle de venda na provincia de Pontevedra.
Segundo un comunicado do sindicato, Renfe cambiou doce trens por desprazamento en autobús en liñas con orixe ou destino en Vigo os días 24, 25 e 31 de decembro; e o 1 de xaneiro.
CXT sinala que en 2018 o operador público ferroviario substituíu 92 trens por buses na Comunidade galega. Por iso, reclaman novas contratacións de maquinistas e operadores comerciais que cubra as necesidades do ámbito da provincia de Pontevedra.
Nesta liña, recordan que a falta de persoal motivou as folgas convocadas os pasados meses de xullo, agosto e decembro "sen que a empresa faga caso das reivindicacións".
Así, recordan que Pontevedra "está a ser a zona de Galicia con máis incidencias derivadas da falta de traballadores ferroviarios". "A falta de cadro de persoal está a supor unha importante diminución na calidade do servizo que se está prestando ao usuario de ferrocarril", remarca CXT.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.