Como se deben tomar as decisións en empresas con contornas cambiantes

IESIDE dá comezo ao seu Master in International Business en Vigo.

Por GC Emprende | Vigo | 08/01/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

IESIDE, a Escola de Negocios de Abanca, comeza este venres 11 de xaneiro o curso académico do Master in International Business, o único mestrado plenamente bilingüe impartido en Galicia, no seu Campus de Vigo. As clases terán lugar os venres pola tarde e os sábados en horario de mañá. 

IESIDE
IESIDE

O Master in International Business (MIB) foi deseñado como un programa plenamente transformador cun enfoque específico cara á diversidade cultural e a toma de decisións en contornas altamente cambiantes. “Unha das liñas fundamentais de traballo reside no coñecemento práctico de ferramentas operativas de import-export á vez que se abordan as decisións de innovación e expansión global que requiren unha visión estratéxica máis avanzada”, apunta Afundación nun comunicado.

O programa proporciona aos seus estudantes as habilidades fundamentais para ocupar postos de responsabilidade internacional en todo tipo de sectores. No MIB adéstranse intensivamente a capacidade de persuasión e a mellora das destrezas de comunicación en inglés de negocios usando tecnoloxías habituais en operacións internacionais. No Purchasing Game, por exemplo, provedores reais conéctanse vía Skype ou a través de videoconferencia desde diferentes países emerxentes (Turquía, India, China, etc.) para potenciar os dotes de negociación intercultural. 

“Este mestrado, ademais dunha formación altamente especializada, proporciona unha sólida base de coñecementos troncais claves para a dirección de calquera empresa (dirección, economía, finanzas ou márketing) e introduce materias innovadoras clave no desenvolvemento persoal de calquera directivo, como a creación de marca persoal, valores éticos e dotes de liderado”, sinala a institución.

O Master in International Business estrutúrase en 3 bloques temáticos, todos eles permeados polo reforzo en fundamentos empresariais, cuxa organización responde aos seguintes obxectivos: entender a internacionalización como parte da estratexia global da empresa, cun peso das sesións impartidas en inglés; avanzar desde a xestión operativa da actividade de import-export cara ao deseño de plans de implantación directa en mercados exteriores; profundar en variables de márketing internacional que afectan tanto a operacións de import-export como ao establecemento directo nun país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Susan

Tuve la suerte de asistir y mereció la pena