Queren o 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia, en honra a Ramón Sampedro

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) mostra o seu apoio a esta declaración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) mostrou o seu apoio á declaración do día 12 de xaneiro como 'Día da Morte Digna en Galicia' en honra a Ramón Sampedro, o veciño de Porto do Son (A Coruña) que viviu prostrado nunha cama desde os 25 anos debido a unha tetraplexía e que se converteu nunha icona da loita pola eutanasia.

Ramón Sampedro
Ramón Sampedro | Fonte: TVE.

Este apoio é un dos puntos que contén unha declaración institucional remitida este mércores pola Fegamp tras ser acordada coa asociación Dereito a Morrer Dignamente DMD-Galicia.

Así mesmo, o no texto, a Fegamp traslada a súa disposición a impulsar e potenciar accións e procedementos que faciliten á poboación, especialmente no mundo rural, o outorgamento do documento de instrucións previas.

Tamén se compromete a promover a realización de campañas informativas nos centros sanitarios e servizos sociais dos concellos galegos para difundir a Lei galega de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais.

A Fegamp explicou que acordou este texto logo de varias reunións mantidas con esta asociación, encontros que o ente municipalista explicou que continuará mantendo co obxectivo de asinar un convenio no que se plasmen os compromisos de todas as partes neste ámbito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta