Convocada a primeira asemblea xeral da plataforma contraria ao macrovertedoiro proxectado no Concello de Teo

A intención é transmitir a toda a veciñanza a información recollida ata o de agora sobre os acontecementos que arrodean o proxecto da empresa Toysal no lugar de Casalonga.

Por Galicia Confidencial | Teo | 15/01/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A Plataforma Casalonga Limpa de Resíduos chama a máis de cincocentas persoas para reunírense este venres día 18 de xaneiro. O motivo, como apunta o comunicado é “a ameaza dun novo proxecto por parte da empresa alerta á veciñanza de Teo e concellos limítrofes”.

Concentración de veciños contra a planta de Toysal
Concentración de veciños contra a planta de Toysal | Fonte: Plataforma Casalonga

Esta será  a “primeira asemblea xeral ordinaria para socios este venres 18 ás 20:30h no restaurante San Martiño”. Desde a agrupación veciñal queren  “transmitir toda a información á veciñanza e votar os puntos da orde do día”. 

A Plataforma quere trasladar a máis de 500 persoas asociadas “a importancia da asistencia á 1ª asamblea xeral ordinaria de socios e socias” para así “amosar a unión da cidadanía na loita, estar informados e tomar decisións que marcarán as liñas futuras de actuación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta