Enrique Doval Reija, o galego que vivíu o horror do campo de concentración nazi de Mauthausen
"Mauthausen, regreso ao campo da morte". Este é o título dun documental da Televisión de Galicia no que o lucense Enrique Doval Reija guía o espectador polo campo de concentración no que sobreviviu durante máis de catro anos. Alí conviviu con checos, franceses ou italianos, ademais dos compatriotas e algún galego coma Joaquín Balboa, de Ourense.