Invasión galega en Chaves para ver ao porteiro Casillas

Foi durante o partido Porto-Chaves. Entre os espectadores estaban xogadores do San Cibrao e o presidente do Ourense Club de Fútbol.

Por Galicia Confidencial | Chaves | 21/01/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A visita do FC O Porto ao Deportivo de Chaves o pasado venres provocou unha pequena invasión de afecionados galegos, sobre todo de Ourense, que se desprazaron ata esta localidade que se atopa moi preto da fronteira con Galicia. O seu obxectivo, ver ao porteiro deste clube e ex xogador da Selección Española e do Real Madrid, Iker Casillas.

Iker casillas, porteiro do Porto
Iker casillas, porteiro do Porto | Fonte: abola.pt

Entre estes siareiros estaba o presidente do Ourense Club de Fútbol, Camilo Díaz, que, aínda que adestra a este equipo, é un gran adepto do Real Madrid, Camilo Díaz. “Esta época será só o segundo partido do Deportivo de Chaves que vou ver, despois do encontro fronte ao Sporting de Braga, mais non podía desperdiciar a oportunidade de ver unha vez máis a Casillas en vivo”, dixo en declaracións á Axencia Lusa. 

Non foi o único relacionado co mundo do fútbol galego que se desprazou á localidade portuguesa. Outros oito mozos de 18 anos que xogan no San Cibrao tamén quixeron ir ver o Chaves contra o Porto. "Estivemos nove meses sen perder e quixemos premiar os xogadores coa posibilidade de ver un partido da I Liga portuguesa e ver ao Casillas en vivo", contou o adestrador deste clube próximo á capital ourensá.

Neste encontro tamén estivo Óscar Amoeiro, de Ourense, pero cunha filla que estuda enfermería en Chaves.  "É unha lenda viva e aínda hoxe podía xogar no Real Madrid. Esta temporada está novamente a un gran nivel, o que é fenomenal, mais nunca sabemos cando pode terminar a", dixo. Con el foron tres compañeiros da cidade das Burgas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta