Galego versus castelán, o novo campo de batalla entre Vox e o PP

O partido ultradereitista asume o discurso que os populares utilizaron no 2009 para atacar a política ligüistica do bipartito. O propio Pablo Casado quere que o seu partido sexa o referente da defensa do castelán en España.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A nova guerra do PP e de Vox está na lingua e pode poñer en perigo a visión “galeguista” que aínda mantén certa parte do Partido Popular. O cambio de estratexia dos populares viuse esta fin de semana durante a súa Convención Nacional na que o seu líder, Pablo Casado, dixo que o seu partido tiña que ser o referente do castelán no conxunto do Estado.

Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD
Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Este discurso non é novo dentro do Partido Popular pero certas seccións autonómicas deste partido tiñan “relaxado” ou, mesmo, aparcado, o de facer política a conta da lingua.

E por que volven os populares a rescatar o conflito lingüístico?... A irrupción de Vox no panorama político español fixo que o novo líder do PP utilice a defensa do castelán para recuperar votantes que perde pola dereita. Unha estratexia que comparte a vella garda dos populares, con José María Aznar á cabeza.

Esta fin de semana o secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, reivindicaba a suposta necesidade de que "se protexa o dereito a coñecer e falar o español" en Galicia e criticaba as primeiras leis de normalización lingüística "promovidas por Fraga". Non é a primeira vez que o partido de ultradereita utiliza a lingua para facer política. Cataluña, Valencia, Mallorca, Euskadi, Navarra e mesmo Asturias converteronse en campos de batalla lingüísticos para esta formación.

"FALAR ESPAÑOL"

Nas súas críticas ao PP, Ortega referíase en Ourense á política lingüística da Xunta. Mostrouse desconforme coas primeiras leis de normalización lingüística "promovidas por Fraga" e lamentou que, "desgraciadamente", este modelo se seguira noutros lugares como Cataluña, Baleares ou Valencia. “Agora os populares de Valencia queren tamén seguir o modelo de Fraga”, recriminaba.

García Egea, do PP, e Ortega Smith, de Vox, asinan un pacto para a gobernabilidade en Andalucía
García Egea, do PP, e Ortega Smith, de Vox, asinan un pacto para a gobernabilidade en Andalucía | Fonte: telesur

"Queremos que se protexa o dereito constitucional a poder coñecer e falar o español nas administracións e que os medios públicos se emitan español; iso non significa deostar o galego, pero o galego, parte da riqueza cultural lingüística española, e ten que ter un encaixe dentro da educación do mesmo xeito que o español", defendeu, ignorando a verdadeira realidade lingüística que amosan as estatísticas.

Este luns, e logo de que o propio Casado se atribuira na súa convención a defensa do castelán no conxunto do Estado, Ortega Smith volvía a atacar ao PP e acusaba ao líder popular de copiarlle os discursos e "até os eslóganes".

FEIJÓO E O PLURILINGÜISMO

Non é a primeira vez que se utiliza o enfrontamento lingüístico para conseguir votos. Fíxoo o PP durante o goberno do bipartito participando en manifestacións de asociacións como Galicia Bilingüe, liderada por Gloria Lago, hoxe impulsora tamén doutra a nivel estatal, “Hablamos español”. Un debate que tamén airearon algúns medios de comunicación hoxe moi subvencionados por parte da Xunta do PP.

A guerra lingüística en Galicia provocou que Feijóo se comprometera a facer un decreto, o do plurilingüismo, que rachou co cosenso que había desde a época de Fraga. Con este novo decreto tentaba disfrazar a súa errática política en materia de lingua apostando por unha educación en galego, castelán e español a partes iguais. Un decreto que, co tempo, viuse que non acaba de funcionar pola forte preeminencia do español na docencia, tal e como reflicten os informes do Consello da Cultura Galega e da RAG.

A nova chamada de Casado a facer do castelán un baluarte político non convence a algúns dirixentes do Partido Popular en Galicia, nomeadamente, a aqueles que veñen de familias galeguistas, nomeadamente do que no seu día foi Centristas de Galicia. "Esa política o que vai facer e distanciarnos dos nosos votantes. Non se pode utilizar o caso catalán e aplicalo en Galicia. Aquí o galego segue sendo a lingua da aldea", apuntan.

Pablo Casado durante unha rolda de prensa
Pablo Casado durante unha rolda de prensa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 urco

Andam os espanhóis todos mui anguniados porque os seus filhos andam por Sevilha , Ávila e Burgos falando catalám, basco e galego sem vir a conto. Sospeitam de quinta-colunistas da imersom lingüística.

2 Galiza ceibe sen expaña

a misión do vo卐 e blancuxear todo o pepeiro ata facelos parecer demócratas ou asi... todo e lixo non se fiaban da tola da UPyPP o igual que non se fian de falanxe e demodesgraza2000 e outras caralladas ultras, polo tanto inventan partidos con xente mesma do pepeiro... SON 3 PARTIDOS PERO SO UNHA BURGUESIA EXPAÑOLENTA VERDADEIRA... si queren expañol que marchen para expaña!!! están de sobra ha moito paro e miseria... deberían largalos a todos, nos USA cando foi a independencia deles un 25 por cento da poboación tivo que marchar o canada pois era realistas e pro imperialismo ingles... GALIZA TEN QUE SER SALVADO NON PODE EXTINGUIRSE ... sempre será mellor acabar con catro e salvar a centos de millares

1 Cachamuíña

Non sei a que ven agora tanta leria co "enfrontamento" entre ambas línguas. O invento da confrontación é o que levan esgrimindo o Bloque e os demáis partidos nacionalistas (xa saben: o galego está a morrer e para iso é necesario impoñelo en todos os ámbitos sociais e tamén a todos os rapaces e en todas as asignaturas) aínda que para iso se teñan que poñer multas ou desprezar os dereitos dos alumnos galegos que teñen o español coma língua propia. Afortunadamente, na miña vila cada un fala o que quere e ninguén ten problemas para expresarse en ámbalas dúas línguas. Así debe seguir sendo. Liberdade para falar e igualdade para aprender.

1 lóstrego

Con argumentos coma os teus non fai falta nin a fala, abonda con sinais de fume.

2 Abur

Es un mentireiro: nin imposición, nin multas e hai toda a liberdade do mundo para falar o que che pete. Pura fake news. O único que se impón é o p. castellano que nin as aulas de química se poden dar en galego nos institutos. Lárgate a ávila, renegado.

3 Longo

Renegado!! Sabes algo de linguistica renegado!?? Sabes cal e a lingua doninante en España, a única que e obrigatorio aprender e usar?? Renegado!!

4 teutonio

Liberdade= deixar sen aplicar o PXNL, reducir o orzamento pra este ámbito, limitar o uso no ensino, favorecer que os nenos non teñan educación en galego até os 5 anos, defender desde o goberno o mito da imposición, deixar esmorecer oproxectos que fomentaban o galego entre a mocidade (Xabarín, Folerpas...), non atacar os estereotipos que marcan negativamente aos galegofalantes e que impiden a moita xente usar a súa lingua en liberdade en todos os contextos. Igualdade= Realidade abrumadoramente en castelán pra calquera neno (xoguetada, videoxogos, publicacións, produción audiovisual..), a maior parte dos nenos non teñen contacto na escola coa lingua do país até a primaria, as escolas castelanizando a boa parte de nenos que abandonan o galego aprendido na casa, ao rematar a educación obligatoria a maioría ten unhas destrezas moito maiores en castelán, boa parte dos rapaces non son capaces de dicir dúas frases nesta lingua e manteñen os estereotipos de toda a vida.