Mercadona, mirando para os ollos dun xigante comercial (II): Esta é a súa política salarial

Os salarios en Mercadona son en doce pagas, as extras están prorrateadas e o salario base é aumentado cunha serie de complementos que, segundo fontes sindicais, non cotizan. Esta é a realidade salarial para quen traballa nesta gran superficie comercial. O novo convenio laboral que entrará este 2019 apunta subas salariais segundo o I.P.C. Así é a política salarial de Mercadona.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A sona de mellores salarios e condicións laborais, que incluían a conciliación laboral e familiar, animaron a moitas persoas a enviar os seus currículos e de aí, pasar ás probas de selección.  “Eu traballaba noutra grande superficie para outra empresa, mais cando me falaron das condicións de Mercadona, puxéronmo do mellor, trato excelente aos traballadores, un salario mellor que o que estaba cobrando daquela e por iso botei o currículo”. Así, brevemente, explica un traballador de Mercadona cal foi o motivo polo que entrou nesta empresa.

Convenio laboral Mercadona 2019
Convenio laboral Mercadona 2019 | Fonte: Mercadona

O efecto chamada fixo que profesionais de servizos en grandes superficies quixesen entrar nunha empresa que “repartía beneficios” entre o cadro de persoal. Así, con este e outros reclamos o traballador ou a traballadora con ilusión e esperanzas, sobre todo nunha época de crise en que os salarios estaban baixando ou conxelados no mellor dos casos, sobre todo entre a maioría da poboación traballadora.

Para esta reportaxe, Galicia Confidencial contactou con Mercadona, que ofreceu a súa resposta. Tamén se contactou coas forzas sindicais con presenza na empresa en Galicia. Tanto CC OO como CIG respostaron, mentres que UGT non ofreceu a súa opinión.

POLÍTICA RETRIBUTIVA

Os salarios son orzamentados segundo estudos internos das empresas, con isto pretende unha distribución equitativa en pagas ao persoal que cubran un período de tempo determinado. Esta podería ser unha definición de política retributiva. Mais estas políticas tamén teñen en conta ás veces os méritos e o rendemento do persoal que traballa na empresa.

Política de Primas, documento de Política Retributiva Mercadona
Política de Primas, documento de Política Retributiva Mercadona | Fonte: fontes sindicais

Mercadona ten unha política de retribucións que “non quere introducir nos convenios, porque se o fai estaría expoñéndoa aos sindicatos e así poderían meter baza nela” di María López da CIG en Mercadona. “Neste novo convenio laboral de 2019 non a incluiron tampouco mais din que a seguirán respectando, pois leva xa trinta anos” sinala López. Esta política retributiva Mercadona defínea así: “é o método que regula o Valor Soldo en función do posto de traballo e a responsabilidade do traballador”. Este método descansa sobre unha serie de piares que definen as accións salariais da empresa. Galicia Confidencial puido ter acceso grazas a fontes sindicais, a unha serie de datos que se poden consultar nas imaxes inseridas. Entre eses datos está a política retributiva da empresa.

“En Mercadona entras no tramo 2, de aí subes a 3 e logo 4 e ata o 5. Durante os tres primeiros anos tes unha suba salarial dun 11% que o meten nun complemento de posto de traballo”  explica María López que engade “que si podes cobrar algo máis que noutras empresas” mais a diferenza non é oi alta. Como exemplo, en 2016 o diario www.elconfidencial.com, fixera un gráfico de seu sobre o salario das caixeiras nas grandes superficies. A diferenza entre o primeiro e o segundo que era Mercadona, era de só cinco céntimos por hora.

SALARIOS

Segundo táboas salariais mencionadas en https://www.indeed.es/cmp/Mercadona/salaries os soldos pagados a día 21 de xaneiro de 2019 varían entre os 1.091 e os case 1.600€, isto claro está, vai en función do posto que se teña dentro da empresa. “O que non se menciona é que temos doce pagas ao ano, pois as extras van prorrateadas e que logo anuncien que nos van subir o soldo un 15% non é certo, no mellor dos casos a suba salarial irá ligada ao I.P.C” di María López, que ademais apunta “o novo convenio para 2019 con vixencia de cinco anos é unha copia do que tiñamos antes”.  Silvia Yankowich de CC OO, sinala que “non é unha copia do anterior, porque desta volta negociamos que a suba salarial non vose absorbible non compensable senón unha suba real”.

Non obstante, Yankowich apunta tamén que a suba salarial “dependerá do I.P.C., por tanto o incremento final coñecerase ao final do período deste convenio” ademais de que “a suba está pactada para o salario base”. As negociacións excluíron por tanto aqueles complementos que incrementarían o salario que ten cada empregado. “Eu teño un salario base de 900€, a isto engades complementos que non son consolidables” sinala André Abeledo da CIG que confirma ademais que “as pagas extras están prorrateadas, de aí que haxa salarios de 1.300 ou 1.400€, pero é que os complementos suman ao salario base”. Nesta reportaxe inserimos dúas táboas salariais, unha remitida por Mercadona e outra que figura dentro do documento de política retributiva da empresa.

Entre os complementos que aumentarían a contía salarial está a denominada “prima” por obxectivos que se engade por antigüidade dentro da empresa. Teoricamente, sería tomar unha parte dos beneficios da empresa para repartila entre o cadro de persoal.

PRIMA

A cuestión, é certo que se reparte unha “prima” entre os traballadores e traballadoras. Que é esa prima? En teoría é un reparto dos beneficios dun exercicio da empresa co persoal laboral. O que acontece é que non todo o persoal recibe esa cantidade repartida pola empresa. Este diñeiro supón ter cumpridos uns obxectivos durante o ano e a cantidade recibida é variable. Quen ten que cumprir os obxectivos é o traballador ou traballadora. Estamos falando dunha cantidade que cobra a persoa traballadora segundo a súa antigüidade e serían unha ou dúas mensualidades máis sobre o salario. Esta cantidade cobraríase no mes de marzo.

A prima é unha valoración por cumprir uns obxectivos, a empresa ten os seus e o traballador ten uns obxectivos. Cando a persoa que está traballando cumpre cos obxectivos recibes unha contía por cumprires os teus obxectivos e os que marca a empresa” di Silvia Yankowich de CC OO. “A prima é un plus ou complemento, se fose tal prima sería consolidable e podería reclamarse” apunta André Abeledo da CIG, sinalando tamén unha carga de discrecionalidade neste complemento, “tes que pasar unha avaliación ou exame, que para nós é subxectivo e non ten unha valoración clara e está baseado no teu compromiso coa empresa”.

Fontes sindicais sinalan que o compromiso coa empresa suporía aceptar un stato quo definido por: as baixas non se collen sen consultar antes co servizo médico da empresa, as baixas de paternidade cóllense segundo horarios establecidos pola empresa e non se pode facer política sindical que non estea acorde coa empresa. “Se iso é certo, para iso estamos nós, para que non sexa así. Se un traballador ou traballadora da empresa é un profesional dentro do seu, ten que ter a mesma política promocional que os demais, para iso estamos nós, para vixiar que se cumpra sinala Silvia Yankowich. Mercadona responde que "No hay ningún tipo de discriminación; todos los trabajadores que realizan el mismo trabajo cobran lo mismo, "A misma responsabilidad mismo sueldo".

MERCADONA

Postos en contacto con Mercadoa, Galicia Confidencial envioulle un cuestionario referente ás cuestións que tratamos nesta reportaxe, así como outros  puntos máis concretos. Aquí ofrecemos a resposta da empresa enviada por e-mail.

La información que trasmitimos es la que aparece en la Memoria de empresa, la web corporativa y las diferentes notas de presa o publicaciones en redes sociales. No podemos hacer valoraciones de casos concretos.

-          El Modelo de Calidad Total  es el marco de referencia para cuantos forman parte de la compañía y que ayuda a todos a ir en una misma dirección. Este modelo de empresa evoluciona de una forma abierta y colaborativa, y tiene como objetivo satisfacer a los cinco componentes de Mercadona por este orden pero con la misma intensidad: el cliente, el trabajador, el proveedor, la sociedad y el capital.

-          A Mercadona se accede a través de un proceso de selección. En la web de la compañía cualquier persona puede dejar el CV.

-          Los trabajadores de Mercadona pueden optar a la promoción interna si esa es su deseo, deben recibir una formación específica para el puesto que van a desarrollar y estar capacitados para desarrollar ese nuevo rol.

 -        Con respecto a todo lo relacionado con el nuevo convenio adjunto la nota de prensa que se envió a los diferentes MMCC y que resume los acuerdos principales.

-          La compañía sigue reforzado su apuesta por las personas, apostando por ejemplo por la formación (inversión superior a los 65 millones de € en 2017), la promoción interna o la creación de empleo (55 nuevos puestos en Galicia en 2017), lo que le permite disponer de un equipo cohesionado y con una plantilla de alto rendimiento.

En conclusión, os salarios de Mercadona son a suma de salario base, complementos, primas e o prorrateo das pagas extras. A comparativa con outras empresas indica unha leve avantaxe salarial da empresa valenciana. Non obstante, as políticas internas con respecto a puntos clave como saúde laboral e dereitos dos traballadores, son outra cara que convén mirar polo miúdo.

Política de cambio de tramos, documento Política Retributiva Mercadona
Política de cambio de tramos, documento Política Retributiva Mercadona | Fonte: fontes sindicais
Táboa salarial Mercadona, documento de Política Retributiva Mercadona
Táboa salarial Mercadona, documento de Política Retributiva Mercadona | Fonte: fontes sindicais
Táboa salarios Mercadona, cambiará en 2019
Táboa salarios Mercadona, cambiará en 2019 | Fonte: Mercadona
Método de Política Retributiva de Mercadona
Método de Política Retributiva de Mercadona | Fonte: fontes sindicais
Entrada dun Mercadona
Entrada dun Mercadona | Fonte: Wikimedia Commons
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gamela

Una bolsa de laranxas valencianas (esa que outros deixan apodrecer nos campos!) unha bolsa de 6 Kg = 4,50 € (o kilo a 0,75) !!! Unha bandexa de Kiwis Galegos (aprox. 1 Kg) = 2,73 € !!! Alguén pode mercar máis barato, de proximidade e con vitaminas?

1 Fer

Si, no E-leclerc as saborosas laranxas do Algarve... De feito nos Continente, Pingo Doce e Intermarché da raia están a tope de galegos sen complexos de fronteiras mentais!

1 Gamela

Non estaremos a matar moscas a cañonazos? Se Mercadona paga algo mellor que os demáis... e inviste en formación... e crea postos de traballo... ¿Qué buscan os Sindicatos? Meter o nariz onde non teñen que metela? Non vexo que haxa moitos sindicatos metendo o nariz na política laboral do Santader, BBVA, Bankia...? O digo porque Mercadona é dos poucos que comercializa productos Valencianos, Galegos, é dicir, NOSOS! E por riba é moi competitiva en prezos: é dicir que provee de vitaminas e proteínas aos máis POBRES que non poden facer a compra no Corte Inglés (only ricachones!)

1 Traballador da empresa.

Se algunha vez traballas na empresa poderás contrastar millor o que dín os sindicatos (que non deixan de ser a voz dos traballadores).