Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 14:53
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou este sábado en Dodro (A Coruña) un novo local sociocultural en recoñecemento á traxectoria do profesor e escritor Avelino Abuín de Tembra.
En concreto, o espazo atópase situado nunha antiga escola unitaria que foi reacondicionada como local sociocultural e que está situada en Imo, aldea natal do mestre falecido en Santiago de Compostela no ano 2009.
No transcurso do acto, o titular de Cultura explicou que este espazo é "un lugar de encontro para todos os veciños" e aventurou que ao mestre alegraríalle ver como a escola da súa aldea ten desde hoxe unha segunda vida". Co obxectivo de que este proxecto sexa unha realidade, a Xunta de Galicia, a través dun convenio coa Dirección Xeral de Políticas Culturais, destinou 40.000 euros para gastos de construción.
Avelino Abuín de Tembra foi correspondente do Faro de Vigo en Lisboa e, de volta en Compostela, exerceu como profesor de Literatura Española no colexio Manuel Peleteiro. Alí creou os premios Minerva, uns galardóns que contribuíron ao nacemento de varias xeracións de escritores en galego.
No ano 1964 fundou o Padroado do 'Pedrón de Ouro', entidade que anualmente distingue a unha personalidade ou entidade polo seu defensa ou promoción da cultura galega. Tamén destacou por ser un gran estudioso da obra de Rosalía de Castro e como escritor e colaborador en diversos medios de comunicación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.