A borrasca 'Helena' toca de cheo Galicia con neve, vento e moita chuvia

As intesas nevadas impiden o acceso de camións e autobuses pola A-52 no alto da Canda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

A neve debida ao temporal asociado á borrasca 'Helena' dificulta este venres a circulación nalgunhas estradas das provincias de Lugo e Ourense e obrigou a prohibir o paso de camións e autobuses pola A-52 no alto da Canda.

Así o informou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que concretou que o nivel é amarelo --paso prohibido a camións e autobuses-- entre os quilómetros 129 e 75 da autovía A-52 ao seu paso pola Canda, onde o resto de vehículos teñen limitada a velocidade a 60 quilómetros por hora debido á neve.

Ademais, na provincia de Lugo algunhas estradas contan tamén con nivel amarelo pola neve, como a LU-633 en Pedrafita do Cebreiro, e noutros puntos deste municipio a DXT indica que se debe circular con precaución tanto por choiva como por neve.

Mentres, na autovía A-8 no Alto do Fiouco, entre as localidades lucenses de Mondoñedo e Abadín, tamén Tráfico recomenda transitar con precaución por mor da choiva, "bastante vento" e auganeve. Nesa zona a velocidade está limitada a 80 quilómetros por hora.

Noutros puntos da rede viaria galega hai estradas afectadas por inundacións como na provincia de Lugo, onde este xoves se rexistraron diferentes cortes debido ás choivas por un fenómeno meteorolóxico adverso, que provocou desbordamentos puntuais nos ríos Sil, Miño e Begonte.

En concreto rexistráronse cortes en catro estradas da rede viaria provincial de tres concellos. Así, afectaron á Pobra do Brollón na LU-P-4705; no Concello de Cospeito, con dúas vías afectadas, a LU-P-1112 e a LU-P-1701 e en Begonte, na LU-P-0802.

CLASES SUSPENDIDAS

Por mor desta temporal a Xunta decidiu suspender a actividade lectiva este venres, día 1 de febreiro, nas zonas da montaña de Lugo e Ourense afectadas por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

Segundo os datos facilitados pola Xunta, a suspensión de clases afecta na zona de montaña de Ouerense a 1.282 alumnos de 17 centros en 12 concellos. Na de Lugo quedarán sen clase 788 estudantes de 14 centros en 11 municipios.

Neve, nevadas, estradas nevadas, temporal, frío,. GARDA CIVIL - Arquivo
Neve, nevadas, estradas nevadas, temporal, frío,. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta