Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/02/2019 | Actualizada ás 11:25
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá os próximos días 15 e 16 de febreiro o 20 aniversario da exposición 'Lost in sound', unha mostra que supuxo un xiro de perspectiva da relación dos museos co público.
O evento que servirá de celebración dos 20 anos desta mostra está comisariado polo promotora I'm The Mocker, que traerá a Santiago a algúns dos artistas que renovan e crean novos códigos musicais e visuais.
Diso informou o Concello de Santiago nun comunicado, no que explica que Coucou chloe, Virxe María, Lowlight, Víctor Flores, El cuerpo del disco e Jus Kno, así como Chiu Longina, Montse Rego e Lola Dopico formarán parte do cartel.
"O comisario da exposición que se inaugurou en 1999, Manuel Oliveira, incitaba no seu momento á reflexión da crise da arte como xerador de universos visuais en beneficio da publicidade, a moda ou os videoclips", lembra o Consistorio, que considera que "non parece que 20 anos despois este debate está pechado senón máis aberto que nunca, debido ao auxe de novos medios como youtube ou Instragram".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.