Roberto Pereira, o primeiro mozo con síndrome de Down en participar nun campionato de baristas
Será na sétima edición do certame internacional de Foz, que se celebrará este venres. Pereira recibiu o adestramento do barista Marcos González e contou tamén co apoio de Down Vigo.