O alcalde de Ourense, sobre o edil que se enfrontou cun policía: "O insulto non pode estar na política"

Jesús Vázquez (PP) tamén lamentou a saída do goberno do que era o seu portavoz, José Araújo, e que agora podería ser candidato de C's. "Será a cidadanía a que xulgue este tipo de feitos", dixo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez (PP), criticou o portavoz de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, pola súa discusión cun axente da policía local fóra de servizo, por entender que esa "non é a imaxe dun político desde logo canto menos serio".

"Creo que non se pode facer iso, é o que vimos denunciando, que o insulto non pode estar no medio da política, que a traizón non pode estar no medio da política", asegurou, en declaracións a RNE recollidas por Europa Press.

O portavoz de DO denunciou un intento de atropelo por parte dun axente da policía local fóra de servizo que, á súa vez, acusouno de acoso, nun enfrontamento que a formación difundiu despois de gravado.

"Imos favorecer que a xente quede na súa casa porque non hai credibilidade ou porque todo o mundo é igual, e non todo o mundo é igual, hai xente que ten principios e unha serie de valores que loitamos para que a nosa idea de cidade vaia a diante, que non é única, pero desde o respecto, non desde o insulto", remarcou o rexedor de Ourense.

SAÍDA DO GOBERNO DO SEU PORTAVOZ

Jesús Vázquez tamén lamentou a marcha do goberno local do que era o seu portavoz, José Araújo, e que se apunta que podería ser candidato de Ciudadanos

O rexedor popular, que asegura que se enterou "a noite anterior" a confirmarse a noticia e que "aínda que tentou localizalo" non puido, lamentou a decisión adoptada por unha persoa que era da súa "máxima confianza" e a quen lle tiña "agarimo".

Atribúe a súa decisión a que "elixiu cambiarse de bando" e aínda que é unha decisión que "respecta", non comparte nin comprende. "Preferiu primar os seus intereses persoais por encima dos da cidade, parece ser que todo indica a que opta por esta alcaldía e será a cidadanía a que xulgue este tipo de feitos", remarcou.

OPTIMISTA DE CARA ÁS ELECCIÓNS

Tras unha lexislatura de goberno en minoría, Jesús Vázquez confía en mellorar os seus resultados nas próximas eleccións municipais, tras "catro anos de esforzo, de honestidade, de entrega e de falar directamente cos veciños, e de logros a pesar das dificultades".

Aínda que o seu goberno non puido aprobar ningúns orzamentos, sostén que pola súa banda o tentou por "todas as vías", pero cre que xogou "máis a parte política que por encima da cidade". "Nin apoiaron unha proposta nin sacaron unha proposta, quizais vían así ese punto débil, sabían que se necesitan 14 votos para sacar adiante os orzamentos e só hai 10", apuntou.

En todo caso, pon en valor distintos logros do seu goberno, como a biblioteca, o arquivo histórico, o museo, o centro interxeracional, a residencia para maiores, as reformas das rúas ou proxectos de turismo intelixente como rede.es

Incidente de Jácome en Ourense. DEMOCRACIA OURENSANA
Incidente de Jácome en Ourense. DEMOCRACIA OURENSANA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Contos non

De Pérez Jácome se pueden criticar muchas cosas, pero lo cierto es que aquí el primero que falló fue el policía local con una infracción indigna de su profesión. Debería haber esperado a que vinieran a ponerle la multa correspondiente en lugar de entrar al trapo.

1 Sentidiño

Jácome é un histrión patético, que recorda a Ruiz-Mateos ou Gil y Gil, con tv local en propiedade. Xa se puxo diante de coches en marcha por intereses do seu negocio (a tenda de música Jolper) e correu centos de metros detrás dun músico da banda municipal porque lle cuspira (Borrell aprendiz!). Se DO acadou oito concelleiros en 2015, a intelixencia media da ourensanía deixa moito aue desexar...

1 toxo

é xustamente o contrario. un policia municipal que intenta atropelar e fugarse por estár aparcado ilegalmente nuha saída de emerxencia do pabillón. O que fai o sr. jácome é intentar que se cumpra a lei que viola sistematicamente un policía municipal coa comnivencia de todos os seus compañeiros. Claro que interesa decir o contrario....