Feijóo non descarta un pacto entre PP, C's e Vox porque “así o quixo o PSOE co seu tableiro de xogo”

Asgura que a división do voto dos populares pola dereita e o centro “satisfai moito a Pedro Sánchez”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2019 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

As eleccións anticipadas convocadas por Pedro Sánchez incomodan a boa parte dos dirixentes autonómicos do PP, a pesar de que este partido era o primeiro en pedir un adianto electoral. Pero agora, cando as primeiras enquisas apuntan a unha vitoria socialista, e a unha gran baixada en votos do Partido Popular, cundiu o nerviosismo.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Morenom, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

Un nerviosismo baseado en que o PP, a pesar de ser a segunda forza política, podería gobernar, pero dependendo dos votos de Ciudadanos e da extrema dereita de Vox. Unha posibilidade que apuntan algúns estudos demoscópicos pero que non convence a todos neste partido, entre eles, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sempre defendeu que gobernara a lista máis votada.

Por iso, Galicia Confidencial preguntoulle este xoves se, tras as publicacións das últimas sondaxes, que dan ao PP como segundo partido máis votado, moi lonxe do PSOE, segue mantendo que debe de gobernar a formación máis votada. E a súa reposta moveuse entre a crítica e o cabreo.

TERREO DE XOGO DO PSOE

O certo é que Feijóo sigue mantendo que ten que gobernar o partido máis votado pero agora xa non descarta que o PP poida chegar ao goberno, como segunda forza, cun pacto co Vox e Ciudadanos. O seu argumento é que “agora se xoga no tableiro do xogo do PSOE” e que “esa é a súa forma de entender a política”.

É dicir, que o presidente galego ten agora que tragar con todo o que leva dicindo os últimos anos porque o adianto electoral favorecería aos socialistas. “Cada voto de centro e da dereita que marcha a outro partido pois satisfai moito a Pedro Sánchez”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta recoñecendo que o PP perde votantes polo centro e pola dereita cara a C's e Vox.

En todo caso, agora amosase partidario de pactar con eles, porque di, Pedro Sańchez “só está apoiado por unha parte de España”. “O que se necesita é que España teña estabilidade cun goberno que esté apoiado pola maioría da xente”, dixo e engadiu; “o noso obxectivo é gañar e gobernar”. 

E, neste sentido, lembrou que o PSOE tivo na súa man que gobernara a forza máis votada tal e como propuña o PP cunha reforma da lei electoral, "e non quixo". "E agora hai que ter un goberno que goberne en España para reformala", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta