As grandes claves históricas das eleccións xerais en Galicia

Históricamente unha alta mobilización favoreceu o bipartidismo pero esa tendencia podería racharse pola polarización do voto nestes comicios electorais. Tanto na dereita, como na esquerda, son varias as opcións políticas para elexir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2019 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Unha alta participación nas Xerais sempre beneficiou aos grandes partidos en Galicia. A fin da etapa Fraga en Galicia marcou un antes e un despois nas dinámicas electorais. Nas eleccións de 2008, o PSOE case conseguiu superar ao PP en Galicia e nos de 2012, o PP barreu aos socialistas. Foron comicios nos que se superou o 70% de participación.

Pero en 2019, a situación podería variar sustantivamente tras a aparición de distintas forzas políticas, tanto de esquerdas como de dereitas. De feito, a polarización do voto e a súa fragmentación en distintas formacións, tanto de dereitas como de esquerdas, poden marcar uns resultados inéditos en Galicia.

En plena época de Fraga e cunha participación sempre inferior ao 70%, o PP arrasaba nos comicios. As últimas eleccións hexemónicas de Fraga, as Xerais do 2000, o seu partido sacou 16 escanos dos 25 que lle corresponden a Galicia no Congreso. Un dominio total substentado en case 900.000 votos e unha participación do 65%.

A partir de aí comezou o seu declive. Tras varias maiorías absolutas en Galicia, con crises como a das vacas tolas ou o afundimento do Prestige,os problemas de saúde asociados á idade de Fraga e o seu proceso sucesorio provocaron que os populares comeceran a perder fol. Así, nas xerais de 2004, o PP baixou de 15 a 12 escanos, cun PSOE que subiu catro escanos e un BNG que se deixaba un e quedaba en dous. A participación, entón, foi do 71%.

Hermanager Humor - Caladoiro de votos
Hermanager Humor - Caladoiro de votos

OS COMICIOS DO BIPARTITO E DE FEIJÓO

Nos comicios de 2008, en pleno bipartito, cun Fraga fora da escena política e con Touriño como presidente da Xunta, o PSdeG estivo a piques de dobregar o histórico dominio do PP en Galicia. Estivo a 60.000 votos de acadalo. O PPdeG obtivo entón 809.879 votos, o 43,86%, e 11 deputados; o PSdeG-PSOE, 750.492 votos, o 40,64% e 10 escanos e o BNG,  212.543 papeletas, o 11,51% e 2 escanos.

Pero ese espellismo volveu mudar radicalmente nos comicios seguintes cun PP sumando maiorías. En 2012, con Feijóo xa no poder, as cartas volveron cambiar substancialmente. Houbo unha participación superior ao 71,7% e os populares volveron aos 15 escanos do último goberno de Fraga, mentres que o PSdeG caiu a 6 e o BNG mantivo os dous.

Ese ano o escenario político comezou a cambiar. Esquerda Unida subía ata case os 70.000 votos -- un 5%--, UPyD acadaba case 20.000 votos e entre os ecoloxistas de Equo e PACMA sumaron 17.000. A finais de 2012 tiñan lugar as autonómicas onde habería unha nova revolución no Parlamento galego coa irrupción de AGE e o descenso importante de votos do BNG e, en menor medida, do PSdeG.

OS GRANDES CAMBIOS

E habería que agardar tres anos para notar as mudanzas no panorama político galego. Nos comicios de 2015 o desgaste de Rajoy tamén pasou factura en Galicia. Os populaes baixaron ata os 10 escanos e obtiveron un dos seus peores resultados da democracia nunhas xerais, pouco máis de 600.000 votos. Non foron os únicos que se esborrallaron. Os socialistas baixaron ao 21,33% dos Votos con 350.000 papeletas e o BNG desapareu do escenario político madrileño ao caer ata os 70.000 papeletas. O gran beneficiario foi En Marea, con 410.000 votos, o 25% do total, e seis escanos. E tamén Ciudadanos, que apareceu con forza en Galicia con case 150.000 apoios, o 9% do total e un escano. A participación entón foi entón dez veces menor que a de 2012.

A situación política volveu modificarse nos comicios anticipados do 2015. A subida da participación en case dez puntos, o conflito catalán e a polarización do voto volveu beneficiar aos populares quen, sen subir moito en votos, só 32.000 papeletas máis, obtiveron 12 escanos e o 41,50% do total. Pola contra, Ciudadanos, baixando 15.000 papeletas e menos de medio punto, perdeu o seu deputado pola Coruña. Polo lado da esquerda tamén houbo cambios importantes. O PSdeG mantivo os seus seis escanos, En Marea perdeu un deputado por Ourense e baixou máis de 66.000 papeletas pasando do 25% ao 22% dos votos e o BNG rexistrou un descenso histórico ao pasar aos 45.000 votos, o 2,89% do total.

E AGORA?

As eleccións do 28 de abril volverán marcar cambios importantes no panorama político galego. Na dereita o PPdeG enfrontase a unha situación nova con dúas forzas facendolle a competencia e cun escenario moi diferente ao de 2016 logo dos comicios cataláns, que supuxeron o gran salto político de Ciudadanos, e as eleccións andaluzas, que marcaron a gran irrupción de Vox en España.

E na esquerda, a división de En Marea, a vinculación do BNG cos independentistas vascos e cataláns e o Goberno de Pedro Sánchez pode provocar, novamente, unha confluencia de voto cara ao PSOE. Por iso, os restos dos votos seran fundamentais para acadar máis ou menos representantes. E neste escenario, os restos poden prexudicar ao PPdeG e favorecer ao PSdeG.

As enquisas apuntan a esa polarización do voto nestes comicios electorais nos que tamén será fundamental unha alta participación. Unha alta participación que se agarda, sobre todo, en zonas urbanas e semiurbanas, cun votante medio non exclusivo do PP e que pode decantar os resultados cara a un ou outro lado.

Voto nas eleccións
Voto nas eleccións | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Raikel

Ollando esta análise e as enquisas, está claro que votar BNG é tirar co voto ao lixo e favorecer á dereita española.

1 Roikol

Tamén está claro, sen ollar artigo ningún, que votar En Marea é tirar o voto ao lixo e favorecer á dereita española.

2 Bendito Chiringuito

Eu tamén son abstencionista activo! Alédame que vós o vaiades recoñecendo: con estes partidiños inútiles e incompetentes, incapaces de entenderse, para así manter o negocio de chiringuitos e colocados vivindo da política profesional, non imos a ningún lado. Non merecen o noso apoio! Espallemos a nova!

3 Minhoto

Pois haberá que votar BNG outra vez e molestar en Madrid de novo. Un galego de esquerdas abstencionista é tan españolista electoralmente coma un votante do PP e demáis marcas blancas. Cun grupo do BNG no congreso desde a transición hoxe Galiza contaría na política española (agora mesmo é absolutamente irrelevante).

4 Fran Correa

Os do Bloque sodes ben raposos! Tedes a certeza absoluta de que separados, só como BNG, vai ser moi difícil ter un deputado, e aínda troleas con todo un grupo parlamentario? Tan falsos como as Mareas de Podemos co seu grupo de mentira! Deixade a mentira e as navalladas, votar BNG en Lugo e Ourense é igual que votar PP, e facelo na Coruña e Pontevedra non garantiza nada. O BNG só non suma! Sodes os cómplices perfectos do sistema, por iso La Voz faivos propaganda: para garantizar a continuidade do PP!