"No reconozco como propios ninguna tradución al gallego de textos míos en la lengua oficial del Estado"

Hablemos Español volve á carga coa imposición do galego e denuncia presións a un profesor por escribir en español. Este suposto docente dun conservatorio de Vigo di que "fue presionado".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/03/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Hablemos Español, a entidade que dirixe Gloria Lago e que é sucesora de Galicia Bilingüe, acaba de colgar un vídeo no que presenta a historia dun profesor dun conservatorio de Vigo –que non se identifica en ningún momento-- e que denuncia que foi “presionado” pola Xunta por escribir en castelán.

Hablemos Español, unha iniciativa para impulsar o castelán
Hablemos Español, unha iniciativa para impulsar o castelán

As supostas presións comezaron cando unha acta dun departamento didáctico estaba redactado en “lengua española”. Entón, Inspección Educativa esixe “una redacción exclusiva en lengua gallega de la documentación”. “Esta medida yo la prostesté diciendo que no reconocería como propios ninguna traducción de textos míos que no fueran en la lengua oficial del Estado”, sinala.

Entón, e tras unha queixa, interviu o inspector xefe de Pontevedra asegurando que a lingua con caracter xeral dos centros educativos tiña que ser o galego. “La inspección interpreta este carácter general de uso de la lengua gallega con sentido impositivo que contradice toda la jurisprudencia que hay al respecto” e que segundo el vulnera varias leis e normas, ademais da Lei de Normalización Lingüística, o Estatuto e a Constitución Española .

“Ante este atropello de mis derechos solicité una aclaración de esta medida que me llegó meses después por parte del inspector jefe de la provincia de Pontevedra”. Nesa misiva o inspector xefe mantén o argumento de que, con carácter xeral, a lingua da Administración eductiva é o galego.  Entón este suposto docente reclama ante a Valedora do Pobo. “Y a día de hoy sigue sin tener respuesta”, lamenta.

NON DAN O NOME DO DOCENTE PERO SI O DO INSPECTOR

Hablemos Español, que non idenfifica a este suposto docente, si que dá os apelidos do inspector educativo a quen acusa de defender o galego e non o español.“En concreto, el Inspector Jefe que ha llevado este caso, es el mismo que desautorizó a un padre que le pidió que se retirara de la entrada del colegio de su hija un cartel con la bandera gallega sobre el que se podía leer “Habla Gallego no seas lelo”. Torres Vizcaya, este Inspector Jefe, no sólo le quitó la razón al padre, sino que la Xunta premió a este colegio que había mantenido el ofensivo cartel contra los niños de lengua materna española”, critica a entidade de Gloria Lago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Nomem

Ancha é Castela... Arreando para España, pailáns mononeuronais.

5 Guesmister

Gloria Lago tiña personalidade dupla: galiciabilíngüe e hablemos español. Agora que está curada xa se amosa cara ao sol como é realmente: unha ultranacionalista española, sen complexos. Agora a por VOX e chuchar cartiños e levar palmadiñas por ser unha boa indíxena colonizada. Biba madriz!

1 Serafín

Gamela, agora é o teu momento: sae do armario!!! Apoia a túa compadre, España te necesita!!! Vox está agardando polos infiltrados, todos xuntos Hablemos Español, dando a Cara al Sol!!!

4 SON

Que vaia para España... acho que non acertou co lugar de traballo acaido.... xa esta ben de xentuza desta caste! So aceptarei as proclamas desta xente que considera que non hai dereitos colectivos respeito á lingua, que só són segundo eles, individuais, cando en España (en Madrid ou Segovia por xemplo) se me recoñeza o dereiro a falar e formarme tamén alí na miña lingua. Mais iso non aceptan (dese momento ese dereito individual pasa a ser colectivo de novo)... que pícaros e cucos son estes españois...

3 QMD

Los profesores solo deben dar clase en la lengua vehicular que obligue la Ley. Para comunicaciones internas, hablar con los padres, etc. usan la lengua oficial que les peta que para eso los ampara la Constitución.

2 Galeguiña

É que este home ten razón. Se o castelán é a lingua oficial do estado, calquera documentación redactada nesa língua ten plena validez. Ningún poder autonómico pode impedilo. Eso de carácter xeral é unha reviravolta para non poñer por escrito o da obrigatoriedade, porque iso sería ilegal. Os profesores en xeral aceptan isto de redactar en galego documentos internos, programacións ou comunicación ás familias. Algúns fano por costume e hipocrisía; outros por desceñecemento e ignorancia; tamén os hai que o fan por medo a seren tildados de antigalegos (ou fascistas, termo que aplican os que o son de verdade para insultar aos que non pensan coma eles); outros redactan en galego por convencimento e compromiso…en fín, cada quén ten a súa razón. Pero o que estea escrito en castelán non pode ser rexeitado, como tampouco o que estea escrito en galego.

1 Eu mesmo

FASCISTA é toda a bazofia que nos levan séculos mandando desde Castela, ti de galega pouco, outra pedorra pepeira, cobraches o mes xa? Xa deixaches a túa bazofia antigalega na Coz tamén? Senón Santi non solta o cheque