VOTA | Apoias a folga feminista do 8 de marzo?

Este venres, as mulleres paran para reivindicar a igualdade real cos homes e acabar coa violencia machista.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/03/2019 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O 8 de marzo é unha das datas sinaladas en vermello no calendario. Os grupos feministas e sindicatos convocan unha folga xeral de 24 horas o Día Internacional da Muller para reivindicar os dereitos deste colectivo.

Manifestación en Vigo pola igualdade, previa á folga feminista do 8 de marzo de 2018
Manifestación en Vigo pola igualdade, previa á folga feminista do 8 de marzo de 2018 | Fonte: Miguel Núñez.

Como principais obxectivos da folga, as mulleres sinalan:

  • Acabar coas violencias machistas.
  • Rematar coa xustiza patriarcal.
  • Sacar o aborto do Código Penal.
  • Parar o racismo e a xenofobia.
  • Pechar os CIEs (Centros de Internamento de Estranxeiros).
  • Visibilización e recoñecemento do valor e dignidade do traballo doméstico e de coidados que realizan as mulleres, e dos seus dereitos. 
  • A favor dunha vida digna garantizando servizos públicos e de protección social.
  • Contra a precariedade laboral das mulleres e migrantes.
  • A favor dos dereitos comunitarios fronte os privados e o acceso universal aos bens naturais imprescindibles para vivir.
  • Defensa do común.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 nostrus

O problema de hoxe radica en que si non eres feminista táchante de machista e polo tanto ninguén se atreve a pensar por se mesmo, pero hai outro modo posible de loitar pola igualdade sin ser planchabragas, do mesmo xeito que hai modo de ser e sentirse español sin acudir ca bandeira española as manifestacions do PP. Os que pensan coma eu estan a favor da igualdade real, coas mesmas oportunidades e sin cuotas e que cada un teña froito do seu esforzo.

1 José

pero como podes ser tan bu-rro e escribir tantas bu-rradas tan fácilmente!

2 José

Pero non te decatas que as mulleres non teñen as mesmas oportunidades para competir cos homes en igualdade de condicións? e que cando compiten e triunfan ainda lles pagan un salario inferior? A ver meu santiño, cómo remedias esta situación?

3 nostrus

Si as mulleres por facer o mesmo traballo que un home lle pagan menos.....enton non haberia paro feminino e todos os empresarios se afanarian en contratar mulleres porque saen mais baratas. O feminismo por unha banda cre que as melleres son iguales ao homes e por outra banda cre que son inferiores e hai que axudalas. Para respetar as mulleres non é preciso ser un planchabragas, abonda con crer que teñen os mesmos direitos ca os homes.

4 BFFF

Se crees na igualdade entre mullees e homes e que gañen o mesmo, só importando o suor do seu traballo, e poidan gozar da mesma protección e vivan sen medo (ou co medo que pode sentir un home) pois es feminista!

5 Carmen Lastra

Non insistades co Nostrus, entende moi ben a igualdade sempre que esté el por riba (como macho e como español). E que non se queixe a muller nin o galego sometido, que apela á maioría de machos e de españois. A deficiente educación en valores leva a unha sensibilidade atrofiada, ou parcial, segundo interese. Como explicarlle que cando un vaso foi marxinado por séculos, precisa discriminación positiva, cando repartimos bebida para acadar a igualdade real, ou nunca a consegue sen medidas que favorezan a igualdade en dereitos de quen se desprezou como inferior. Tamén pode ser gañas de provocar...

3 nostrus

El feminismo tiene mucha preocupacion con el lenguaje machista y no toleran que algo bueno se asocie al masculino y algo malo al femenino, por lo que para ser coherentes deberian cambiar su propio nombre y llamarse "igualismo" o algo similar y no asociar al machismo como malo y al feminismo como bueno. El feminismo es una ideologia que quiere que las mujeres tengan los mismos derechos que los hombres "como minimo", pero que no le importaria tener mas. Hay que luchar por la IGUALDAD de derechos y el resto son payasadas.

2 anonimo

Neniño, seica a xustiza patriarcal é que ten que haber o mesmo número de mulleres que de homes, xuices, senon é patriarcal. O contido das resolucións non ten nada que ver co sexo dos/as xuices: o contrario é dun infantilismo moi primario. E insisto, eso de " visibilizar" é o colmo do rollo barato. Hoxe, seica, todo ten que ser " visible", e dicir sair constantemente nos medios. Senón, seica que é algo ignorado e secreto. Moito rollo baleiro e inflado.

1 Sentidiño

A xustiza, coma a educación, a sanidade, o deporte, ou a prensa, é patriarcal cando non asume a igualdade de mulleres e homes. Hai xuízas machistas e obreiros feministas: todo está na cabeza. Parece ser o teu caso.

1 anonimo

a) A violencia machista, é , por desgracia, un tema de determinados individuos. b) Non sei que é eso da xustiza " patriarcal". A xustiza consiste en aplicar leis, non darlle a eso un sesgo ideolóxico c) O de " visibilizar" non o entendo. Sei que nada é visible se non sae continuamente nos medios. E así todo.. Moito rollo vago e superideloxizado, e nada mais.

1 Reanónimo

A justiça patriarcal significa, por exemplo, que no juízo contra La Manada havia duas juízas (a presidenta e outra) e um só juíz, e que condenaram os cinco da manada por VIOLAÇÃO repet-- ai não, desculpa, que me enganei, que o tribunal eram 2 homens e uma mulher, que foram condenados só por ABUSO, e que mesmo um dos juízes tinha um voto particular de ABSOLUÇÃO. Neninho, se não vês o patriarcado vai ao oculista. Antes retira as orelheiras, não vá ser isso.

2 Sentidiño

Cántas cousas non entendes! Será por culpa da cousa? Poderás superalo facendo un esforzo? Chi lo sa!