Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2019 | Actualizada ás 17:21
Ryanair anunciou este xoves a posta en marcha dunha nova ruta aérea que unirá desde o próximo outono Santiago de Compostela e Malta.
Segundo informou a compañía, esta nova conexión desde o aeroporto de Lavacolla e esta illa mediterránea operará con dous voos semanais a partir do mes de outubro, como parte do calendario de inverno 2019 de Ryanair na cidade, que se anunciará "proximamente".
Para celebrar a súa nova conexión con Malta, Ryanair lanzou unha oferta de asentos desde 14,99 euros, para viaxar en abril e maio. Esta promoción estará dispoñible ata a media noite do sábado, 16 de marzo, na páxina web de Ryanair.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.