"Libros como Cincuenta sombras de Grey acaban amosando un rol de absoluta submisión da muller"
Carme Adán é autora do libro ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión’. Neste ensaio reflexiona sobre a violencia de xénero e propón “desenmascarar” os prexuízos que reproduce o patriarcado.