Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 13:14
A Garda Civil detivo ao responsable dunha empresa que se dedica a realizar tratamentos de desinfección e control de pragas, ao que se lle acusa de falsificar os informes cos resultados das análises da auga e lexionela de case unha trintena de empresas e organismos públicos da provincia de Pontevedra e A Coruña. De feito, non remitía ao laboratorio as mostras de auga que recollía e presentaba informes falsos das analíticas para economizar gastos.
Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciadas pola Sección do Seprona da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra no marco da denominada 'Operación Legiogal', comezaron o mes de outubro do pasado ano por mor da denuncia presentada por un concello desta provincia, "que foi onde se detectaron as primeiras irregularidades".
Por mor das investigacións levadas a cabo polo Seprona, esta empresa, situada na provincia de Pontevedra, era a encargada de analizar a auga da traída municipal, a lexionela das instalacións deportivas, as fontes e a piscina municipal.
Ao carecer de medios propios para realizar as análises, o responsable da empresa remitía as mostras a un laboratorio externo que debería emitir os resultados correspondentes, indicaron as mesmas fontes.
Segundo se puido comprobar, apunta a Benemérita, "co obxecto de aforrar os honorarios que cobraban polas análises, unha alta porcentaxe das mostras de auga e lexionela recollidas por esta empresa no exercicio das funcións que tiña encomendadas, non só non as remitía ao laboratorio de referencia, senón que xustificaba a súa xestión entregando no concello o informe das analíticas que non se fixeron, utilizando para iso impresos falsificados do mesmo laboratorio, que cubría con datos evidentemente falsos".
CASOS DETECTADOS
O maior número de locais onde se detectaron informes falsificados pertencen á provincia de Pontevedra, con 26 casos en total. Na súa maior parte están situados na comarca de Arousa (Vilagarcía, Cambados e Meaño), aínda que tamén se detectaron afectados noutras zonas da provincia como Vigo, A Estrada e Caldas de Reis.
Na provincia da Coruña outro seis establecementos que tiñan contratados os seus servizos coa mesma empresa foron vítimas da mesma estafa; catro deles en Padrón e dous en Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.