O PP de Santiago copia o eslogan de Aznar: "Váyase señor Noriega"

Agustín Hernández presentará un "contrato coa cidade" de 27 medidas para "planificar a cidade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, denunciou este luns a "inacción, o pasotismo e o abandono" do Goberno local de Compostela Aberta, e asegurou que o balance deste catro anos de mandado resúmese en tres palabras: "Váyase señor Noriega", en relación ao alcalde da cidade, Martiño Noriega.

Así, Hernández criticou, tamén, o "sectarismo" que, ao seu xuízo, Compostela Aberta leva a cabo en Santiago, e lamentou, entre outras cousas, que a localidade presente "a súa peor cara" e está "abandonada" despois de catro anos de "inacción" do goberno municipal.

"O transporte público non ten vehículos novos. A limpeza sofre un abandono total. É normal ver os colectores sen recoller. O casco histórico está abandonado á súa sorte. Ninguén fai nada para resolver os problemas de convivencia. Tras catro anos, Martiño Noriega non foi capaz de coller o pulso da xestión municipal", reprochou o candidato popular á alcaldía de Santiago este luns en rolda de prensa.

Neste sentido, Hernández subliñou a "improvisación continua" que Noriega leva a cabo na xestión da cidade, así como a "incapacidade" do alcalde de "resolver o día a día do servizo urbanístico". Así mesmo, insistiu no "malgasto de diñeiro público" que, segundo el, o consistorio realizou coa firma de contratos menores de contido "en maior parte innecesarios". "É decepcionante, frustrante, unha sensación de total abandono. Santiago carece de proxectos novos", reiterou Hernández.

27 MEDIDAS

Ademais, Hernández adiantou que o PP presentará 27 medidas para "planificar a cidade" e encarar, entro outros temas, os próximos Xacobeos, tanto o do 2021, como o do 2027. Neste aspecto, lamentou que Compostela Aberta "perdese catro anos para preparar o Xacobeo 21", pero asegurou que se o PP chega ao Goberno local "rompería esa inacción".

Deses puntos, o PP anunciou nos últimos días tres: "A maior baixada de impostos da historia de Santiago. Un novo aparcadoiro para a Avenida da Coruña e a demolición da casa da Xuventude".

O PP de Santiago denuncia a 'inacción, o pasotismo e o abandono' do Gobiern
O PP de Santiago denuncia a 'inacción, o pasotismo e o abandono' do Gobiern | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta